Joaquín Maquieira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJoaquín Maquieira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata
Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Montevideo Editar o valor em Wikidata
Presidente da Deputación de Pontevedra
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Joaquín Maquieira Fernández, nado en Pontevedra cara a 1896 e finado en Montevideo, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa farmacia tiña o enderezo postal a loxa «Helenes nº 7». Na rebotica reuníase o chamado Club Karepas, un parladoiro que conformaban Castelao, Losada Diéguez, Sánchez Cantón, Blanco Porto, Antón Iglesias Vilarelle, Octavio Pintos, Claudio Losada, Vicente Barreiro e Gamallo. Foi presidente da Sociedad Gimnástica de Pontevedra. Foi membro da Xunta Directiva fundacional do Centro Republicano de Pontevedra (4 de marzo de 1930). Foi un dos asinantes do manifesto fundacional da Federación Republicana Gallega en Lestrove, en marzo de 1930. Membro da Comisión Xestora da Deputación de Pontevedra, en xaneiro de 1933 foi designado para formar parte do Comité de Propaganda do Estatuto de Autonomía, e o 31 de maio dese ano foi elixido Presidente da Deputación. Integrouse en Izquierda Republicana e foi elixido membro do Consello provincial de Pontevedra en xaneiro de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido e estivo preso un tempo no campo de concentración da Illa de San Simón. Posto en liberdade, conseguiu marchar a Montevideo. Xulgado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas, foi condenado en 1940 a oito anos de inhabilitación absoluta, oito anos de desterro a máis de douscentos quilómetros de Pontevedra e o pago de vinte e cinco mil pesetas.[1] Cando o barco «Arxentina» no que viaxaba Castelao chegou a Montevideo en 1940, acudiu a recibilo con varios membros da colonia galega. Faleceu na capital uruguaia.


Predecesor:
Vicente García Temes
 
Presidente da Deputación de Pontevedra
 
1933 - 1934
Sucesor:
José Viñas del Monte

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOE, 2-3-1940, p. 1106.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]