José Viñas del Monte
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Galicia, España |
Morte | 22 de outubro de 1935 Pontevedra, España |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
1934 – 1935 ← Joaquín Maquieira Fernández – Ramón Domínguez Ferradás → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Cándido Viñas Calvo, Avelina Viñas Calvo |
José Viñas del Monte, finado en Pontevedra o 22 de outubro de 1935[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do cambades José Manuel Viñas, oficial da secretaría da Deputación de Pontevedra. Militante do Partido Republicano Radical. Propagandista agrario, foi secretario da Federación de Traballadores de Pontevedra (1918) e da Federación Agraria Municipal (1922), e presidente da Alianza Marinera de Cangas (1922-1923). Foi candidato nas eleccións de 1933, pero non resultou elixido. Foi nomeado presidente da Deputación de Pontevedra o 5 de xaneiro de 1934.
Predecesor: Joaquín Maquieira Fernández |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1934 - 1935 |
Sucesor: Ramón Domínguez Ferradás |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai do escritor Cándido Viñas Calvo, da pintora Avelina Viñas Calvo[2] e mais de Francisco Viñas Calvo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ Avelina Viñas Calvo, na páxina web Do gris ao violeta.