Jim Pollard
Jim Pollard | |
---|---|
![]() | |
Posición | Ala-pivote |
Dorsal | 17 |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 84 kg (185 lb) |
Nacemento | 9 de xullo de 1922![]() |
Morte | 22 de xaneiro de 1993 (70 anos)![]() |
Carreira | |
Universidade | Stanford |
Tempadas | 1948–1955 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 4 978 |
Rebotes | 2 487 |
Asistencias | 1 275 |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador | |
Adestrador | |
James Clifford "Jim" Pollard, nado o 9 de xullo de 1922 en Oakland (California) e finado o 22 de xaneiro de 1993 en Stockton (tamén California), foi un xogador e adestrador de baloncesto estadounidense que disputou sete tempadas da NBA como xogador e outro cinco como adestrador, repartidas entre a NBA e a ABA. Con tan só 1,93 metros de altura, xogaba na posición de ala-pivote, sendo capaz de realizar mates dende a liña de tiros libres,[1] gañándose o alcume de "The Kangaroo Kid" (o mozo canguro).
Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]
Universidade[editar | editar a fonte]
Xogou na súa mocidade na Univesidad de Stanford, onde foi unha peza clave para a consecución do Campionato da NCAA en 1942, onde tivo unha media de 21,5 puntos por partido ao longo do torneo, a pesar de perderse a final por lesión.[2] A súa carreira universitaria foi truncada pola segunda guerra mundial, pero ao seu regreso foi nomeado en dúas ocasións All-American.[3]
Profesional[editar | editar a fonte]
Foi elixido na sexta rolda do Draft da NBA de 1947 por Chicago Stags, pero a pesar diso asinou contrato con Minneapolis Lakers, onde transcorreu toda a súa etapa de xogador profesional. Alí formou, xunto a George Mikan e Vern Mikkelsen un dos mellores tríos de homes altos da historia da NBA. En 1952 foi nomeado polos xogadores que até a data xogaran na liga profesional como o mellor xogador da época.[3]
Foi elixido en dúas ocasións no mellor quinteto da liga, e noutras dúas no segundo mellor. Disputou tamén en catro ocasiones o NBA All-Star Game. Nos seus 7 anos como profesional tivo unha media de 13,2 puntos e 7,8 rebotes por partido. Gañou cinco aneis de campión da NBA.
Equipos[editar | editar a fonte]
Adestrador[editar | editar a fonte]
Ao acabar a súa carreira de xogador, fíxose cargo do equipo da Universidade de La Salle, onde permaneceu durante tres tempadas, cun balance de 48 vitorias e 28 derrotas. En 1960 fichou como adestrador do seu equipo de toda a súa vida, os Minneapolis Lakers, onde permaneceu un ano, para ir ao ano seguinte a Chicago Packers. En 1967 foi a parar á ABA, onde se fixo cargo dos Minnesota Muskies, pasando posteriormente polos Miami Floridians.[4]
Equipos[editar | editar a fonte]
- Universidade de La Salle (NCAA, 1955-1958)
- Minneapolis Lakers (1959-1960)
- Chicago Packers (1960-1961)
- Minnesota Muskies (1967-1968)
- Miami Floridians (1969-1970)
Falecemento[editar | editar a fonte]
Faleceu en 1993, por causas naturais, á idade de 70 anos.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ The Official NBA Basketball Encyclopedia, Villard Books (1994)
- ↑ 1942 NCAA Tournament
- ↑ 3,0 3,1 "Páxina de Pollard na web do Hall of Fame". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2007. Consultado o 26 de marzo de 2010.
- ↑ Remember the ABA. Miami Floridians
- ↑ "Jim Pollard, a Star In NBA. in 50's; Ex-Laker Was 70". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2010.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- BasketballReference.com: Jim Pollard (como xogador) Arquivado 08 de novembro de 2012 en Wayback Machine.
- BasketballReference.com: Jim Pollard (como adestrador) Arquivado 12 de abril de 2010 en Wayback Machine.
- Basketball Hall of Fame: Jim Pollard
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores dos Minneapolis Lakers
- Adestradores da NBA
- Adestradores dos Minneapolis Lakers
- Adestradores dos Chicago Packers
- Ala-pivotes de baloncesto
- Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Membros do Salón da Fama da NBA
- Nados en Oakland
- Nados en 1922
- Finados en 1993