Vern Mikkelsen
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Arild Verner Agerskov Mikkelsen ![]() 21 de outubro de 1928 ![]() Parlier, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 21 de novembro de 2013 ![]() Wayzata, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Minnesota (pt) ![]() Universidade de Hamline (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 201 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 105 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1949 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote e Ala ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Los Angeles Lakers ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() |
Arild Verner Agerskov "Vern" Mikkelsen, nado o 21 de outubro de 1928 en Parlier, no condado de Fresno (California) e finado o 21 de novembro de 2013 en Wayzata (Minnesota), foi un xogador de baloncesto estadounidense que disputou dez tempadas na NBA, todas elas nos Minneapolis Lakers. Foi coñecido por ser o primeiro xogador que evolucionou o posto de ala-pivote no baloncesto moderno.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Xogou durante 4 tempadas cos Pipers da Universidade Hamline, nos que promediou 13,6 puntos por partido.
Profesional
[editar | editar a fonte]Foi elixido na undécima posición do Draft da NBA de 1949 por Minneapolis Lakers como elección territorial. Formou xunto con George Mikan e Jim Pollard un dos mellores frontcourt[1] da historia da NBA, e xuntos gañaron catro aneis de campión na década de 1950. Foi elixido para o NBA All-Star Game en seis ocasións, e incluído no segundo mellor quinteto da liga noutras catro.
Acabou a súa carreira deportiva ao finalizar a tempada 1958-59, con trinta anos de idade, perdéndose tan só catro partidos nas dez tempadas que disputou. Durante tres tempadas consecutivas foi o xogador que máis faltas persoais realizou, e aínda mantén a dubidosa honra de ser o xogador que máis veces foi descualificado por faltas en toda unha carreira, con 127. En total tivo unha media de 14,4 puntos e 9,4 rebotes por partido.
Equipos
[editar | editar a fonte]Vida posterior
[editar | editar a fonte]A finais dos 60 foi adestrador e director xeral do equipo de Minnesota Pipers da American Basketball Association.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Homes altos dentro dun quinteto de baloncesto. Aleiro, ala-pivote e pivote.
- ↑ Remember the ABA: Pittsburgh/Minnesota Pipers
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estatísticas de Mikkelsen Arquivado 12 de outubro de 2012 en Wayback Machine.