Jesús María Santaló Ponte
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de maio de 1895 ![]() Merza, España ![]() |
Morte | 12 de outubro de 1982 ![]() Merza, España ![]() |
![]() | |
20 de marzo de 1924 – 1 de novembro de 1924 (dimisión) – Andrés Lareu Suárez → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Jesús María Santaló Ponte, nado en Merza (Vila de Cruces) o 8 de maio de 1895 e finado na mesma parroquia o 12 de outubro de 1982, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ramón Santaló Villar. Estudou o bacharelato en Lugo e licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Aprobou as oposicións a secretario xudicial en 1919. Foi secretario do xulgado de Fuentesaúco (Zamora) e Ponteceso. Coa proclamación da ditadura de Primo de Rivera foi elixido alcalde de Carbia o 20 de marzo de 1924. Dimitiu o 1 de novembro ao ser nomeado xuíz municipal do concello. Foi presidente da Unión Patriótica de Carbia. Durante a República foi avogado en Lalín. En abril de 1934 foi nomeado secretario do xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Lalín e iniciou unha campaña para ser elixido deputado. Finalmente presentouse ás eleccións de febreiro de 1936 como número cinco na candidatura de Centro que encabezaba Manuel Portela Valladares e non foi elixido.
Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Madrid, buscou asilo na embaixada francesa, onde conseguiu ser acollido. Conseguiu marchar a Valencia e dende alí logrou embarcar a Francia onde permaneceeu como refuxiado político. Foille instruído expediente de depuración en 1941.[1] A principios dos anos corenta retornou á España franquista. Rehabilitado como secretario xudicial, desempeñou o cargo en Sahagún (1947). Abriu novamente despacho de avogado en Lalín a principios dos anos cincuenta e foi nomeado xuíz municipal de Carbia a mediados desa década. En 1957 foi secretario do xulgado de Baltanás (provincia de Palencia), pasando despois a Villacarriedo (Cantabria) e finalmente ao xulgado de Padrón en 1958, onde xubilou.
Predecesor: Andrés Lareu Morao |
![]() Alcalde de Vila de Cruces 1924 |
Sucesor: Andrés Lareu Suárez |
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Fillo predilecto do concello de Carbia en 1924.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]- Casou en Cee con María Cereijo Gayoso.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Igrexas, Manuel: "Jesús María Santaló, candidato a deputado polo Deza" (2/9/2018) en Historias de Deza.