Saltar ao contido

Jesús Aguilar Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Aguilar Rodríguez
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1942 Editar o valor en Wikidata
Monzón de Campos Editar o valor en Wikidata
Morte5 de maio de 1999 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Valladolid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor en Wikidata - 1974 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1963–1970   Real Valladolid 189(0)
1970–1974   Deportivo da Coruña 83(0)
1974–1978 Linares Club de Fútbol 78(0)

Jesús Aguilar Rodríguez, nado en Monzón de Campos (Palencia) o 15 de setembro de 1942 e finado en Valladolid o 5 de maio de 1999, foi un futbolista español, que xogaba de porteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como gardameta de fútbol na Cultural Leonesa, pasando en 1963 ao Valladolid, da Primeira División.[1] Na súa primeira campaña no club valisoletano só xogou un partido, ante o Athletic Club, sendo os gardametas titulares no resto de partidos Justo e Pedro Calvo. O equipo acabou descendendo ao remate da tempada, e na categoría de prata Aguilar asentouse na titularidade, na que se mantivo durante os seguintes seis anos. Disputou un total de 189 partidos oficiais co club, descendendo á Terceira División ao remate da súa última campaña en Valladolid, en 1970.

Na tempada 1970/71 foi contratado polo Deportivo da Coruña, da Segunda División, onde tivo como adestrador a Arsenio. Tras uns partidos no banco, quitoulle a titularidade a Joanet e foi o gardameta do equipo entre as xornadas 9 e 31, ata que perdeu o posto en favor do coruñés Seoane. Pechou a súa primeira campaña no club cun total de 24 partidos disputados e o ascenso á Primeira División.

Xa na máxima categoría, non contou con ningunha oportunidade na tempada 1971/72, sendo Seoane o titular absoluto, pero unha lesión deste na 1972/73 permitiulle volver á portería do equipo, mantendo o posto aínda trala recuperación de Seoane, ata que tamén el se lesionou. O Deportivo acabou descendendo a Segunda esa tempada e a Terceira na seguinte, na que de novo se alternaron na portería Aguilar e Seoane. Pechou o seu paso polo club con 83 partidos disputados en catro anos.

En xullo de 1974 foi traspasado xunto a Beci e Tauler ao Linares, da Terceira División, a cambio do centrocampista Castillo.[2] Militou durante catro anos no club andaluz, conseguindo un ascenso á nova Segunda División B en 1977. Trala súa retirada en 1978 continuou vencellado ao club como adestrador e directivo.

  1. "Aguilar "quema" sus kilos de exceso en los entrenamientos". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de agosto de 1970. p. 14.
  2. "Presentación del Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xullo de 1974. p. 41.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]