Saltar ao contido

Jenő Kalmár

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJenő Kalmár

(1954) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1908 Editar o valor en Wikidata
Felsőmocsolád, Hungría (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xaneiro de 1990 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Málaga, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaHungría Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1928–1933 Magyar Testgyakorlók Köre Budapest Futball Club 81(56)
1933–1936 Excelsior AC Roubaix
1936–1937 RC Roubaix
1937–1938 Stade de Reims Champagne
1938–1940 Magyar Testgyakorlók Köre Budapest Futball Club
1945–1948 Fudbalski Klub TSC
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1928–1932   Hungría 15(4)

Jenő Kalmár, tamén nado coñecido como János Kalmar ou Kálmár Jenő, nado en Mocsolád o 21 de marzo de 1908 e finado en Málaga o 13 de xaneiro de 1990, foi un futbolista e adestrador húngaro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador militou en varios equipos, principalmente no MTK Hungária FC, e foi internacional coa selección de Hungría. Durante a tempada 1928-29 rematou como máximo goleador do MTK, marcando 20 goles.

Comezou a súa carreira como adestrador a principios da década de 1950, á fronte do Honvéd, un equipo no que xogaban entre outros Ferenc Puskás, Zoltán Czibor, Sándor Kocsis, József Bozsik, László Budai, Gyula Lóránt e Gyula Grosics. Con Kalmár como técnico, o club gañou catro títulos da liga húngara, e os seus xogadores formaron a base da lendaria selección húngara coñecida como o Equipo de Ouro. Foi ademais axudante do seleccionador húngaro Gusztáv Sebes. Ao final da segunda guerra mundial atopábase en Iugoslavia, onde adestrou o FK TSC Bačka Topola, coñecido por aquel entón como Egység.

Tras adestrar o Wacker Wien,[1] chegou a España, onde adestrou varios equipos da Primeira e a Segunda División. Dirixiu brevemente o Sevilla CF, antes de coller as rendas do Granada CF, club que guiou ata a final da Copa do Xeneralísimo de 1959. O encontro disputouse no estadio Santiago Bernabéu, sendo o seu rival o FC Barcelona. A vitoria foi para o club catalán por 4-1, con dous goles do seu antigo xogador Kocsis, e sendo Arsenio o autor do único tanto do Granada.

Nos seguintes anos pasou por varios equipos españois máis, logrando un ascenso a Primeira co Granada, e dirixiu tamén o Porto portugués e o Halmstads BK sueco. En 1967 levou o Espanyol ao terceiro posto da liga e tres anos despois conseguiu ascender á máxima categoría o CD Málaga.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]
Hungária FC
Honvéd

Como adestrador

[editar | editar a fonte]
Hungária FC
  1. "Forschungsprojekt "Migration im österreichischen Fußball nach 1945"" (PDF). fairplay.vidc.org (en alemán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2017. Consultado o 1 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]