Jeff Buckley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jeff Buckley
Граффитти Jeff Buckley. Revisited. Россия, Октябрьский, 2015.jpg
Nacemento17 de novembro de 1966
Lugar de nacementoAnaheim
Falecemento29 de maio de 1997
Lugar de falecementoMemphis
Causaafogamento
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixióncatólico non practicante
Alma máterMusicians Institute e Loara High School
Ocupacióncantautor, guitarrista, cantante, músico e compositor
PaiTim Buckley
Na rede
http://www.jeffbuckley.com
IMDB: nm0118623 Facebook: JeffBuckley MySpace: jeffbuckley Youtube: UCK5ogJnijds9TBP8lcKo6iA Spotify: 3nnQpaTvKb5jCQabZefACI Last fm: Jeff+Buckley Musicbrainz: e6e879c0-3d56-4f12-b3c5-3ce459661a8e Songkick: 242704 Discogs: 159169 Allmusic: mn0000240665 Find a Grave: 4568 Deezer: 664 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jeffrey Scott Buckley, nado en Anaheim (California), o 17 de novembro de 1966 e finado en Memphis (Tennessee), o 29 de maio de 1997, foi un cantautor e guitarrista estadounidense reputado polo seu peculiar rango vocal de polo menos catro oitavas e media.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Trala publicación o 23 de agosto de 1994 do álbum de debut Grace, a crítica considerouno un dos artistas máis prometedores da súa xeración, o que o levou a facer unha xira mundial durante os seguintes dous anos.[1][2] O álbum Grace inclúe 8 cancións orixinais e 3 versións, "Lilac Wine" inspirado na versión de Nina Simmone, popularizada por Elkie Brooks en 1978, "Corpus Christi Carol", de A Boy was Born, Op.3, peza que Buckley coñeceu no instituto, baseada nun himno do século XIV, e por último a versión máis célebre de "Hallelluja" de Leonard Cohen, baseada nas gravacións de John Cale para o disco tributo a Leonard Cohen I'm Your Fan. A versión acadou unha grande repercusión tanto a nivel de público como de prensa especializada, chegando a ser seleccionada como unha das 500 mellores cancións de todos os tempos pola revista Rolling Stone[3]

Falecemento[editar | editar a fonte]

Non obstante, na cima da popularidade, morreu afogado mentres nadaba no río Wolf, Tennessee, durante as sesións de gravación do que ía ser o seu segundo disco "Sketches for my Sweetheart the Drunk", que ía ser producido polo reputado músico da escena novaiorquina dos anos 70 Tom Verlaine (Televisión).[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

  • 1993 - Live at Sin-es.
  • 1994 - Grace.
  • 1995 - Live from the Bataclan.
  • 1998 - Sketches for My Sweetheart the Drunk.
  • 2000 - Mystery White Boy.
  • 2001 - Live a L'Olympia.
  • 2002 - Songs To No One 1991-1992.
  • 2002 - The Grace EPs.
  • 2004 - Grace (Legacy Edition).
  • 2007 - So Real: Songs from Jeff Buckley.

Documentais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cross, Serena (2002). Everybody here wants you (British Broadcasting Corporation (BBC).). 
  2. "The RS 500 Greatest Songs of All Time : Rolling Stone". web.archive.org. 23/3/2010. Consultado o 11/12/2018. 
  3. "The RS 500 Greatest Songs of All Time : Rolling Stone". 23/3/2010. Consultado o 25/9/2017. 
  4. "Kingdom For A Kiss - The JB F.A.Q.: Sketches". web.archive.org. 9/5/2008. Consultado o 11/12/2018.