Saltar ao contido

Jean Baptiste Christophore Fusée-Aublet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean Baptiste Christophore Fusée-Aublet

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Jean Baptiste Christian Fusée-Aublet Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1723 Editar o valor en Wikidata
Salon-de-Provence, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte6 de maio de 1778 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, explorador, farmacéutico
Linguafrancés
Obra
Abreviación dun autor en botánicaAubl. Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Jean Baptiste Christophore Fusée-Aublet, escrito ás veces como Jean Baptiste Christophore Fusée Aublet, nado en novembro de 1723 en Salon-de-Provence, localidade da antiga rexión francesa da Provenza, e finado o 6 de maio de 1778 en París, foi un botánico, farmacéutico e explorador francés.

Foi un dos primeiros exploradores botánicos de Suramérica,[1] e un dos primeiros científicos que estudou a etnobotánica da Rexión Neotropical.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fusée-Aublet pasou a primeira parte da súa vida adulta estudando Historia Natural e Química. Un dos seus mentores foi Bernard de Jussieu, que máis tarde o axudou a identificar e describir as coleccións que serviron de base para as súas Histoires des Plantes.[2]

Sendo moi novo, embarcou en Toulon para ir a Granada a estudar co boticario Antonio Sánchez López. Quedou alí un ano e despois regresou a Salon e máis tarde a Montpellier para seguir cursos con Fitzgerald e François Boissier de Sauvages. Logo foi a Lión, onde coñeceu a Bernard de Jussieu; máis tarde volveu a España onde estivo ao servizo dos hospitais dos exércitos do infante don Filipe (fillo de Carlos III). Este traballo deixáballe pouco tempo para herborizar, e marchou a París a tomar clases de química con Guillaume-François Rouelle e de botánica no Xardín do Rei.[Cómpre referencia]

Despois de considerar a posibilidade de ir a Prusia, a Compañía Francesa das Indias Orientais, a proposta do ministro de Mariña, decidiu envialo a illa Mauricio (naquela época chamada Ille de France) coa misión establecer alí un laboratorio que producise medicamentos para a colonia e crear un xardín botánico de "plantas útiles". Deixou París en 1752 e chegou o mesmo ano á illa, e estableceu alí unha farmacia e un xardín botánico; traballou alí como boticario para a Compañía Francesa das Indias Orientais e permaneceu alí nove anos. Na súa Histoire des plantes inclúe un informe da súa estadía en Mauricio no que dá unha lista das plantas que observou nesa illa.[2]

Durante o cumprimento da súa misión, Fusée-Aublet demostrou ser un bo administrador. Amigo de Jean-Jacques Rousseau, Fusée-Aublet denunciou a condición dos escravos negros o que lle ocasionou facer moitos inimigos na illa. Tamén entrou en conflito con Pierre Poivre: ao regresar dunha misión secreta para a Compañía das Indias, Poivre trouxo plantas e sementes de noz moscada e cravo que Fusée-Aublet describiu como falsas ("supostas árbores de noz moscada") e identificounas como Calophyllum acutiputamen (especie da familia das mirtáceas noces da palmeira Areca catechu.[3][4]

Poivre confiou as súas plantas en máis ou menos bo estado a varios habitantes, plantas que non sobreviviron, e acusou enganosamente a Fusée-Aublet de ser o responsábel,[Cómpre referencia] por mor duns celos ou unha traizón relacionada cunha "misión secreta que recibira dos inimigos do [seu] proxecto". Poivre escribiu cartas e memorias, en particular ao Consello Superior da illa, para responsabilizar a Fusée-Aublet do fracaso das súas misións.[5][6][7]

Despois de pasar moitas dificultades en Mauricio, Aublet regresou a Francia en 1762 e, finalmente, aceptou un posto de boticario na Güiana francesa que lle ofreceu o rei de Francia. Partiu para o seu novo posto o 30 de maio de 1762 e chegou á illa de Caiena o 23 de agosto. Durante os dous anos que pasou na Güiana Francesa dedicou todos os momentos libres que tiña a observar e recoller plantas («Tous les momens que me laissoient mes devoirs étoient consacrés à la recherche des plantes, et à les décrire avec tout le soin possible sur le lieu mème,...»), reunindo un inmenso herbario que lle permitiu publicar a súa Historia das plantas da Güiana Francesa, adornada con ao redor de 400 gravados. A saúde de Aublet comezou a declinar cara ao final da súa estadía na Güiana Francesa, e partiu cara a Haití en 1764 por invitación do Conde d'Estaing. Alí supervisou a construción dunha serie de edificios que enumerou na súa Histoire. Porén, a mala saúde que sufriu durante os últimos meses da súa estadía na Güiana Francesa seguiu en Haití e obrigouno a regresar a París en 1765, onde continuou tendo problemas de saúde. A pesar do seu mal estado físico puido escribir a súa Histoire des Plantes, libro que serviu de punto de partida para o estudo da flora da Güiana Francesa. No mesmo ano publicouse Plantae Surinamensis por Linneo (1775) que, xunto coa Histoire, é unha referencia que a maioría dos botánicos estudosos das plantas neotropicais precisan consultar nalgún momento nas súas carreiras. Ademais, a Histoire inclúe ensaios sobre plantas economicamente importantes, como Manihot esculenta e a cana de azucre, e sobre a xente da colonia. Aublet, segundo Plotkin et al., foi probabelmente o "pai fundador" da etnobotánica no Neotrópico.[2]

Obras principais

[editar | editar a fonte]
  • Fusée Aublet, J. B. C. (1775): Histoire des plantes de la Guiane françoise, rangées suivant la méthode sexuelle, avec plusieurs mémoires sur différens objets intéressans, relatifs à la culture & au commerce de la Guiane françoise, & une notice des plantes de l' Isle-de-France. Tome 1. pp. I–XXIX, 30–32, 1–621. Pierre-François Didot jeune, Londres / París. (Ver en liña).
  • Fusée Aublet, J. B. C. (1775): Histoire des plantes de la Guiane françoise, rangées suivant la méthode sexuelle, avec plusieurs mémoires sur différens objets intéressans, relatifs à la culture & au commerce de la Guiane françoise, & une notice des plantes de l' Isle-de-France. Tome 2. pp. 622–976, tabl. 1–52, misc. 1–160. Pierre-François Didot jeune, Londres / París. (Ver en liña).
  • Fusée Aublet, J. B. C. (1775): Histoire des plantes de la Guiane françoise, rangées suivant la méthode sexuelle, avec plusieurs mémoires sur différens objets intéressans, relatifs à la culture & au commerce de la Guiane françoise, & une notice des plantes de l' Isle-de-France. Tome 3. Tt. 1–193. Pierre-François Didot jeune, Londres / París. (Ver en liña).
  • Fusée Aublet, J. B. C. (1775): Histoire des plantes de la Guiane françoise, rangées suivant la méthode sexuelle, avec plusieurs mémoires sur différens objets intéressans, relatifs à la culture & au commerce de la Guiane françoise, & une notice des plantes de l' Isle-de-France. Tome 4. Tt. 194–392. Pierre-François Didot jeune, Londres / París. (Ver en liña).

Epónimos

[editar | editar a fonte]

Os xéneros de plantas, Aubletia Gaertn. e Aubletella Pierre, foron nomeados na súa honra.

Varias especies foron nomeadas na súa honra, entre elas

Abreviatura

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Aubl. emprégase para recoñecer a Jean Baptiste Christophore Fusée-Aublet como autoridade na descrición en taxonomía en botánica.[8]

  1. Cedric Dover (1956): "Aublet: The First Secular Abolitionist". Phylon (1940-1956), Vol. 17, nº 3, pp. 291-292.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Mori, Scott A.: "Jean Baptiste Christophe Fusée Aublet (1720-1778)". New York Botanic Garden.
  3. Jean Baptiste Christian Fusée-Aublet (1775): HISTOIRE DES PLANTES DE LA GUIANE FRANÇOISE, rangées suivant la méthode sexuelle, avec plusieurs mémoires sur les différents objets intéreſſants, relatifs à la culture & au commerce de la Guiane françoiſe, & une Notice des plantes de l'Iſle de France. volume I. Londres e París: P.-F. Didot jeune, Librairie de la Faculté de Médecine, quai des Augustins.
  4. Jean Baptiste Christian Fusée-Aublet (1775): HISTOIRE DES PLANTES DE LA GUIANE FRANÇOISE, rangées suivant la méthode sexuelle, avec plusieurs mémoires sur les différents objets intéreſſants, relatifs à la culture & au commerce de la Guiane françoiſe, & une Notice des plantes de l'Iſle de France. volume II. Londres e París: P.-F. Didot jeune, Librairie de la Faculté de Médecine, quai des Augustins.
  5. Citado por Allain Yves-Marie (2004). "La guerre des épices". En: L’Herbier du monde. Cinq siècles d’aventures et de passions botaniques au Muséum national d’histoire naturelle (Morat P., Amonin G.-G. e Jolinon J.-C., dir.), Muséum national d’histoire naturelle de Paris (Paris) et Les Arènes/L’iconoclaste (Paris): 54-61.
  6. Lucile Allorge & Olivier, Ikor (2003): La fabuleuse odyssée des plantes. Ed. Jean-Claude Lattès. ISBN 978-2-7096-2327-8, pp. 384-386.
  7. Morel, Jean Paul (marzo de 2011). "Plaidoyer en faveur de Fusée-Aublet - Retour sur une diffamation." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de novembro de 2017. Consultado o 15 de abril de 2021. 
  8. Aubl. – Jean Baptiste Christophore Fusée Aublet (1720-1778) no IPNI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Plotkin, M. J.; B. M. Boom & M. Allison (1991): "The ethnobotany of Aublet's Histoire des Plantes de la Guiane Françoise (1775)". Monogr. Syst. Bot Missouri Bot. Gard. 35: 1-108.
  • VV. AA. (2002): Marseille. 2600 ans de découvertes scientifiques Coffret 3 volumes : Volume 1, La tradition scinetifique à Marseille et en Provence. Volume 2, Vers la ... Volume 3, Découvreurs et découvertes. Aix-en-Provence: Presses de L'Université de Provence. ISBN 978-2-8539-9516-0.
  • VV. AA. (1982): Les botanistes à Marseille et en Provence du XVIe au XIXe siècle. Marseille. ISBN 978-2-9039-3800-0.