Jean-Baptiste Audebert
Nome orixinal | (fr) Jean Baptiste Audebert |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de marzo de 1759 Rochefort, Francia |
Morte | 5 de decembro de 1800 (41 anos) París, Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Natural science (en) , Ornitoloxía e ilustración |
Ocupación | pintor, ilustrador, naturalista, ornitólogo, gravador |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Audebert |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Audebert, Jean Baptiste Encyclopædia Britannica |
Jean Baptiste Audebert, nado en 1759 en Rochefort, Charente Marítimo, e finado en 1800 en París, foi un ilustrador e naturalista francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou pintura e debuxo en París, e pronto adquiriu unha gran reputación como pintor de miniaturas. Foi contratado para preparar os gravados da Historie des cloportes de Antoine Guillaume Olivier (1756-1814) o que lle fixo adquirir unha grande inclinación pola historia natural.
En 1800 publicou o seu primeiro traballo orixinal, a Histoire naturelle des singes, des makis, etc., ilustrado con sesenta e dúas láminas, debuxadas e gravadas por el mesmo. O colorido das súas láminas é dunha beleza infrecuente.
Á súa morte, Audebert deixou outro traballo incompleto, unha Histoire des colibris, oiseaux-mouches, jacamars et promerops, que apareceu postumamente en 1802. Douscentos exemplares foron impresos en in-folio, un cento nun gran formato in-quarto e cincuenta co texto en letras douradas. Outro traballo, que deixou tamén inacabado, apareceu despois da súa morte, L'Histoire des grimpereaux et des oiseaux de paradis. Estas dúas obras apareceron agrupadas nun só volume baixo o título Oiseaux dorés, ou à reflets métalliques (1802).
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Audebert emprégase para recoñecer a Jean-Baptiste Audebert como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean-Baptiste Audebert |