Jay Buckey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jay Buckey
Jay Buckey.jpg
Datos persoais
Nacemento6 de xuño de 1956
LugarNova York
NacionalidadeEstadounidense
Actividade
MisiónsSTS-90
Tempo no espazo15,91 días
editar datos en Wikidata ]

Jay Clark Buckey Jr. é un astronauta e político estadounidense que participou na misión STS-90. Pasou un total de 15,91 días no espazo.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Buckey naceu o 6 de xuño de 1956 en Nova York. É graduado en enxeñería eléctrica pola Universidade Cornell en 1977, e doutorado en medicina pola mesma universidade. Está casado con Sarah Woodroffe e ten un fillo e dúas fillas.[1][2]

Formou parte da tripulación do voo STS-90 como especialista de carga para a misión Neurolab, unha misión de 16 días do Spacelab adicada a investigar os efectos da microgravedade no sistema nervioso.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "Jay Clark Buckey, Jr. M.D Payload Specialist" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2017. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Buckey, Jay Clark Jr" (en inglés). Consultado o 23 de agosto de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]