Saltar ao contido

STS-90

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-90
Lanzamento da misión STS-90.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento17 de abril de 1998, 18:19 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión15,91 días[6]
Obxectivo da misiónExperimentos relacionados coa neurobioloxía.[3][6]
Regreso3 de maio de 1998[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1998-022A

STS-90 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 17 de abril de 1998 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-90, con sete astronautas a bordo e tamén denominada Neurolab, foi lanzada para facer experimentos de neurobioloxía en toda unha gama de especies no módulo Spacelab da bodega do transbordador: os sete humanos da tripulación (formada polo comandante Richard A. Searfoss, o piloto Scott D. Altman, os especialistas de misión Richard M. Linnehan, Dafydd Rhys Williams e Kathryn P. Hire e os especialistas de carga Jay C. Buckey e James A. Pawelczyk), 18 ratos, 152 ratas, 229 peixes, 824 grilos e 680 ovos de grilo.[3][5][6][7]

Ademais de Neurolab, a bordo do transbordador viaxaban experimentos secundarios como SVF, o biorreactor BDS-04 e outros. Kathryn Hire converteuse na primeira empregada do Centro Espacial Kennedy en ser elixida astronauta.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 3 de maio de 1998.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 90" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 17 August 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-55464(E)). 26 de agosto de 1998: 9. Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 90" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-90" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-90" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2018.
  7. 1 2 3 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-90" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]