Javier Cerqueiro González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Javier Cerqueiro González
Nacemento20 de febreiro de 1969
Lugar de nacementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Javier Cerqueiro González, nado en Lugo o 20 de febreiro de 1969, é un político galego, deputado no Congreso por Lugo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Papeleta das Xerais de novembro de 2019.

Licenciado en Ciencias Políticas e Técnico Superior en Cooperación e Desenvolvemento, foi asesor político do Concello de Lugo e da Deputación Provincial.[1] Nas Eleccións municipais de 2015 encabezou a lista do PSdeG á alcaldía do Corgo,[2] que finamente revalidou o popular José Antonio Ferreiro González.

Escollido nas Eleccións xerais de novembro de 2019, é deputado da XIV Lexislatura no Congreso dos Deputados de España pola Provincia de Lugo, membro do grupo parlamentario do Partido Socialista Obrero Español.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]