Saltar ao contido

Jaroslav Hašek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJaroslav Hašek

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(cs) Jaroslav Matěj František Hašek Editar o valor en Wikidata
30 de abril de 1883 Editar o valor en Wikidata
Praga (Imperio Austrohúngaro) Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xaneiro de 1923 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Lipnice nad Sázavou (Checoslovaquia) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaStarý hřbitov (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónReálné gymnázium v Ječné (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura, xornalismo, Humor, sátira, Cabaré e xornalismo de opinión Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Lipnice nad Sázavou (pt) Traducir
Praga Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónautor, escritor, xornalista de opinión, xornalista, escritor satírico, novelista, humorista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1900 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoČeská strana sociálně demokratická (1918–valor descoñecido)
Party for Moderate Progress Within the Bounds of the Law (en) Traducir (1911–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarCzechoslovak legions in Russia (en) Traducir e Legião Checoslovaca (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAlexandra Lvova (1920–1923), morte
Jarmila Hašková (1910–) Editar o valor en Wikidata
FillosRichard Hašek
 () Jarmila Hašková Editar o valor en Wikidata
PaiJosef Hašek Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933queima de libros na Alemaña nazi Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:6 : Газлифт — Гоголево, sec:Гашек Ярослав, p.148-149)
Concise Literary Encyclopedia (en) Traducir, (vol:2, sec:Гашек)
Literary Encyclopedia 1929—1939 (en) Traducir, (vol:2, sec:Гашек), Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0367960 Allocine: 204744 Allmovie: p310249
BNE: XX959020 iTunes: 345093514 Musicbrainz: 4cd0691e-8662-450c-9246-aa816225ac0c Discogs: 432090 IMSLP: Category:Hašek,_Jaroslav WikiTree: Hašek-35 Find a Grave: 9126758 Editar o valor en Wikidata

Jaroslav Hašek ['jarɔzlaf 'ɦaʃɛk], nado en Praga o 30 de abril de 1883 e finado en Lipnice nad Sázavou o 3 de xaneiro de 1923, foi un escritor e xornalista checo, coñecido principalmente pola súa novela Osudy dobrého vojáka Švejka za světové války (As aventuras do bo soldado Švejk, publicada por entregas entre 1920 e 1923), unha sátira antimilitarista ambientada na primeira guerra mundial. Esta obra está considerada a obra mestra da narrativa en lingua checa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia humilde, que mudaba constantemente de cidade na procura de traballo. Con quince anos empezou a traballar como axudante de farmacia. En 1902 rematou os estudos de Comercio, e comezou a traballar na banca, se ben ao pouco tempo foi despedido polos seus excesos coa bebida.

Nesa época comezou a súa carreira como escritor, publicando varios artigos de tendencia anarquista. En 1907 conseguiu o cargo de redactor xefe da publicación anarquista Komuna. Apareceron tamén escritos seus noutros periódicos, como Ženský obzor ("O horizonte da muller"), de tendencia feminista, Svět zvířat ("O mundo dos animais"), unha publicación satírica, e, desde 1911, en České slovo ("A palabra checa"), ademais doutras colaboracións ocasionais en Čechoslovan, Pochodně ou Humoristicky listy.

En 1911 fundou o «Partido do lento progreso dentro dos límites da lei» («Stranu mírného pokroku v mezích zákona»), presentándose como candidato, caricaturizando ao mesmo tempo o resto de partidos políticos e o sistema electoral. Ese mesmo ano casou coa escritora Jarmila Mayerová. Para obter maiores recursos dedicouse temporalmente ao roubo e o tráfico de cans, chegando a inventar falsos pedigrís para revender bastardos a mellor prezo. Esta actividade tamén é levada a cabo por Švejk, o protagonista da súa novela.

Estatua ecuestre no barrio praguense de Žižkov, onde residiu o novelista, obra de Karel Nepraš.

Tivo impulsos suicidas, e intentou tirarse desde unha ponte do río Moldava na capital de Bohemia. A raíz deste incidente pasou un tempiño nun hospital psiquiátrico, estancia que tamén supuxo posteriormente unha fonte de inspiración.

Malia ter un fillo de Jarmila, esta abandonouno pouco despois para volver cos seus pais, levando con ela ao fillo. Hašek resignouse a alugar unha habitación no bordel «U Valsu».

Co estoupido da primeira guerra mundial, en 1915 alistouse no exército austrohúngaro, incorporándose a filas na fronte de Galitzia. Moitas das críticas cara aos seus superiores, utilizando os seus verdadeiros nomes, aparecen na súa novela. En setembro de 1915 a súa unidade ficou illada tras unha operación ofensiva das tropas rusas, e Hašek cambiou de bando para loitar cos rusos. En 1917 a Revolución rusa puxo fin á guerra na fronte do leste. En 1918, xa liberado, Hašek comprometeuse voluntariamente ao servizo da causa bolxevique. Paralelamente comprometeuse coa Lexión Checa, unha organización nacionalista destinada a emancipar aos checos da tutela austrohúngara.

De regreso en Praga, capital da recentemente creada Checoslovaquia, en 1920, comezou a intervir en política, guiado máis ca nunca polos seus ideais comunistas e nacionalistas. De Rusia traía, entre outras cousas, unha nova muller, se ben nunca se divorciou de Jarmila.

A partir dese ano Hašek comezou a publicar as aventuras do bo soldado Švejk, un personaxe que xa aparecera en anteriores relatos breves, na actualidade perdidos. Contrariamente ás novelas de Franz Kafka, escritas en alemán, a vivacidade negra e cómica de Jaroslav Hašek ía dirixida directamente ao pobo, na súa lingua nacional, o checo. Tiña a intención de escribir seis volumes, pero non puido terminar máis ca tres por mor da súa prematura morte debido á tuberculose. Os tres volumes foron publicados xunto cun cuarto inacabado, terminado polo seu amigo Karel Vaněk. O protagonista é un soldado pícaro e sen motivación, cuxas peripecias durante a Guerra demostran o absurdo do conflito bélico. En 1991 foron publicados algúns dos seus escritos de mocidade.

No ano 2005 levantouse no barrio de Žižkov unha estatua ecuestre dedicada á súa memoria, obra do escultor Karel Nepraš.