Jane Flax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jane Flax
Nacemento31 de decembro de 1948
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de California en Berkeley e Universidade Yale
Ocupaciónfilósofa e psicanalista
editar datos en Wikidata ]

Jane Flax, nada o 31 de decembro de 1948, é unha teórica feminista, doutorada en Filosofía, e psicanalista estadounidense. En 2017 impartía clases no departamento de Filosofía e Relixión na American University en Washington D.C, e practicaba a psicanálise de forma privada.[1][2][3]

Ten unha perspectiva crítica coas posturas esencialistas do feminismo da diferenza. A través da análise de escritos de diversos pensadores, a autora reflexiona e escribe en forma de diálogo, sobre tres importantes modos do pensamento occidental contemporáneo: a psicanálise, as teorías feministas e as filosofías posmodernas.[3][4]

Formación[editar | editar a fonte]

A súa formación superior comezou cando estudou Teoría Política en Berkeley. Involucrouse no Movemento polos Dereitos Civís e contra a Guerra de Vietnam. Interesouse polo pensamento social xermánico e polas relacións entre coñecemento e poder.[5]

Durante os anos nos que estudou un posgrao de Teoría política e Filosofía en Yale, entre 1969 e 1974, xurdiu a segunda onda do feminismo norteamericano, onde ela militou. Organizou grupos de discusión no Women´s Center sobre feminismo. En Yale comezou a interesarse pola psicanálise. Involucrouse na revista feminista americana Quest.[5]

Mudouse a Washington D.C en 1978, onde escribiu os seus primeiros artigos sobre teoría feminista.[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jane Flax defende que a cultura occidental está nunha fase de transición. Examina as construcións de xénero e os modos de pensamento, ou Metateoría, que apoian esas construcións. Localiza a teoría feminista dentro da filosofía posmoderna como unha análise de relacións sociais fluídas e históricas. Defende que o posmodernismo distancia a xente das crenzas sobre a verdade, o coñecemento, o poder, o eu, e a linguaxe, a través da deconstrución.[6]

Desenvolveu, xunto a outras teóricas feministas, a psicanálise feminista, argumentando que a psicanálise é vital para o proxecto feminista e que debe, do mesmo xeito que outras tradicións teóricas, ser criticado e transformado por mulleres, para liberalo de calquera vestixio de sexismo.[7]

As súas publicacións tratan principalmente sobre teoría feminista, teoría crítica de raza, psicanálise, teorías políticas contemporáneas europeas e americanas, filosofía moral e ética, e relacións entre raza e xénero.[7]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa traxectoria Jane Flax escribiu e publicou unha gran variedade de libros entre os que destacan:[8]

  • Thinking Fragments: Psychoanalysis, Feminism and Postmodernism in the Contemporary West (1990/1991)[9][10]
  • Disputed Subjects: Essays on Psychoanalysis, Politics and Philosophy (1993)[11]
  • The American Dream in Black and White: The Clarence Thomas Hearings (1998/1999)[12]
  • Resonances of Slavery in Race/Gender Relations: Shadow at the Heart of American Politics (2010)[13]
  • Ademais, escribiu artigos en xornais e revistas especializadas.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "American University Professor Jane Flax Explores Foucault’s Self-Care Ideas". The Daily Nexus. Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  2. "Jane Flax". IWM (en inglés). 25 de abril de 2013. Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 "Flax Jane - Psicoanalisis Y Feminismo - Pensamientos Fragmentarios Pdf". Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  4. "Profile Jane Flax". Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Howard University- Department of Political Science". Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  6. "Review of Flax, Jane. Thinking Fragments: Psychoanalysis, Feminism, and Postmodernism in the Contemporary West. Berkeley: California UP, 1990. POSTMODERN CULTURE". Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  7. 7,0 7,1 Rodríguez; Magda. El placer del simulacro: mujer, razón y erotismo (en castelán). Icaria Editorial. ISBN 9788474266825. 
  8. "Jane Flax Books. List of books by author Jane Flax". Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  9. Jane. Thinking fragments : psychoanalysis, feminism, and postmodernism in the contemporary West. University of California Press. ISBN 9780520073050. OCLC 19393869. 
  10. "Ediciones Cátedra". Consultado o 4 de decembro de 2017. 
  11. Jane. Disputed subjects : essays on psychoanalysis, politics, and philosophy. Routledge. ISBN 041590790X. OCLC 27937926. 
  12. Jane. The American dream in black and white : the Clarence Thomas hearings. Cornell University Press. ISBN 9780801485619. OCLC 42308691. 
  13. Jane. Resonances of slavery in race/gender relations : shadow at the heart of American politics (1st ed ed.). Palgrave Macmillan. ISBN 0230108660. OCLC 613646267. 
  14. "Jane Flax". Consultado o 4 de decembro de 2017.