James Chapin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJames Chapin

James Paul Chapin en 1904
Nome orixinalJames Paul Chapin
Biografía
Nacemento9 de xullo de 1889
Nova York
Morte7 de abril de 1964
Nova York
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
EducaciónUniversidade de Columbia
Actividade
Campo de traballoZooloxía e Ornitoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo e ornitólogo
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalHerbert Lang Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaChapin Editar o valor em Wikidata
Premios


James Paul Chapin, nado o 9 de xullo de 1889 e Nova York, e finado na mesma cidade o 7 de abril de 1964, foi un biólogo e ornitólogo estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chapin foi un dos ornitólogos máis importantes do século XX. Residente habitual de Staten Island, durante a súa adolescencia foi un asiduo colaborador nas publicacións do Instituto para as Artes e as Ciencias de Staten Island. Con tan só dezanove anos de idade abandonou seu fogar para asumir, como segundo de abordo, a expedición que, durante seis anos (1909-1915), percorreu o Congo Belga, enviada polo Museo Americano de Historia Natural.

Ao seu regreso a Nova York, Chapin participou na edición do informe da expedición congolesa. Logo graduouse como doutor en Ciencias Naturais pola Universidade de Columbia en 1919, e traballou para o anteriormente citado Museo, onde preparou espécimes de aves e mamíferos, e participou na elaboración de catálogos dalgunhas das coleccións. O seu traballo no Museo prolongouse durante un período de 59 anos consecutivos.

James Chapin participou en varias expedicións a África. En 1926 uniuse á expedición Ruwenzori-Kiwu en África Oriental e o Congo. Publicou, en 1932, Birds of the Belgian Congo, obra pola que recibiu a medalla de ouro Daniel Giraud Elliot, outorgada pola Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.

En 1937 volveu de novo a viaxar ao Congo. Foi nomeado conservador do Departamento de Ornitoloxía do Museo Amricano de Historia Natural. Finalmente, instalouse, coa súa esposa, en 1953, nese país, e estudou a súa fauna durante seis anos.

Aínda que son os seus traballos sobre África os máis coñecidos, Chapin traballou tamén sobre a fauna europea, canadense, polinesia e outras.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Descriptions of three new birds from the Belgian Congo (1915)
  • Fresh-water fishes of the Congo Basin obtained by the American museum Congo expedition, 1909-15 (1917)
  • Description of four new birds from the Belgian Congo (1921)
  • The American Museum Congo Expedition collection of Insectivora (1922)
  • Sciuridae, Anomaluridae, and Idiuridae collected by the American Museum Congo Expedition (1922)
  • Contributions to the herpetology of the Belgian Congo based on the collection of the American Museum Congo Expedition, 1909-1915 (1923)
  • The preparation of birds for study; instructions for the proper preparation of bird skins and skeletons for study and future mounting (1923)
  • The macruran, anomuran and stomatopod crustaceans collected by the American Museum Congo Expedition, 1909-1915 (1926)
  • The parasitic worms collected by The American Museum of Natural History Expedition to the Belgian Congo, 1909-1914 (1929)
  • Birds of the Belgian Congo (1932–1954)
  • Hyraxes collected by the American Museum Congo Expedition (1936)
  • The future of the American Ornithologists' Union: a report to the members and friends of the A.O.U. (1942)

Especies dedicadas[editar | editar a fonte]

Porteadores da primeira expedición de Chapin ao Congo.

Numerosas especies de animais, principalmente de aves, lle foron dedicadas, entre elas:

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Chapin emprégase para recoñecer a James Chapin como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Herbert Friedmann (1966): "In Memoriam: James Paul Chapin". The Auk 83 (2): 240–252.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]