Saltar ao contido

Jagoba Beobide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJagoba Beobide
Biografía
Nacemento(eu) Jagoba Beobide Larrañaga Editar o valor em Wikidata
19 de febreiro de 1987 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Azpeitia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura1,77 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2006 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista defensivo Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Deporte base
-2005 Real Sociedad de Fútbol Editar o valor em Wikidata
  Equipo enllaç= enllaç=
2005-2006 Q9091674 Traducir
2006-2008 Real Sociedad de Fútbol B 66(0)
2008-2010 Real Unión Club 60(0)
2010-2011 Córdoba Club de Fútbol 13(0)
2011-2012 Real Unión Club 30(0)
2012-2016 Deportivo Alavés 101(2)
2016-2017 Racing de Santander 15(1)
2017-2019 Burgos Club de Fútbol 57(0)
2019-2019 RoPS (pt) Traducir 10(0)
2020- Real Unión Club 69(1) Editar o valor em Wikidata

Jagoba Beobide Larrañaga, nado en Azpeitia o 19 de febreiro de 1987, é un futbolista español, que xoga como centrocampista no Real Unión da Primeira División RFEF.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista na canteira da Real Sociedad, debutando coa Real Sociedad B na Segunda División B na tempada 2006/07.

Despois de dúas tempadas no filial "txuri-urdin", na campaña 2008/09 saíu cedido ao Real Unión. O conxunto irundarra dirixido por Iñaki Alonso eliminou ao Real Madrid na Copa do Rei e conseguiu o ascenso á Segunda División despois de máis de 40 anos sen facelo. O interese do Real Unión e do xogador pola súa continuidade permitiu renovar a cesión unha tempada máis.

En 2010 fichou polo Córdoba, tamén de Segunda, onde comezou coa confianza de Lucas Alcaraz, pero acabou desaparecendo tanto das aliñacións titulares como das convocatorias. Ao final da tempada abandonou a entidade cordobesa tras disputar 13 partidos de liga e 5 de Copa.

Na tempada 2011/12 baixou un chanzo para regresar ao Real Unión, de novo en Segunda B. O proxecto dos irundarras era ambicioso, pero os homes dirixidos por Roberto Olabe decepcionaron ao acabar na 14ª posición.

A continuación, Beobide deixou Irún para incorporarse Alavés. Axiña se converteu nun xogador clave no medio campo de Natxo González e gañou o cariño de Mendizorrotza. O equipo albiazul logrou o ascenso a Segunda e Beobide formou unha sólida parella de mediocampistas xunto a Manu García (antigo compañeiro seu na Real Sociedad B e no Real Unión), contando para os tres técnicos que pasaron polo banco do Alavés: Natxo González, Juan Carlos Mandiá e Alberto.

A súa segunda tempada estivo marcada por unha lesión que lle quitou protagonismo no equipo a favor de Dani Toribio.[2] A marcha do centrocampista catalán no verán de 2015 non supuxo que Beobide recuperase o protagonismo perdido, tendo que competir polo posto con xogadores como Sergio Mora, Manu García ou Hernán Bernardello. Finalmente, Beobide deixou o club no verán de 2016 despois de 4 tempadas e 2 ascensos.[3] Despois duns meses sen club, en xaneiro de 2017 fichou polo Racing de Santander.

Nas tempadas 2017/18 e 2018/19 xogou no Burgos CF, e tras un breve paso por Laponia, onde xogou nas filas do Rovaniemen Palloseura, en 2020 iniciou a súa terceira etapa no Real Unión.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jagoba Beobide retorna al Real Unión". Real Unión Club. 22 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  2. "Beobide se someterá a pruebas médicas para saber el alcance de la lesión" (en castelán). 30 de setembro de 2014. Consultado o 29 de maio de 2024. 
  3. "Beobide, adiós al Alavés tras 4 años y 2 ascensos" (en castelán). 30 de xuño de 2016. Consultado o 29 de maio de 2024. 
  4. "Beobide y Viguera llegan a un Real Unión que pierde a Nico Kata" (en castelán). 22 de xaneiro de 2020. Consultado o 29 de maio de 2024.