Jackie Brenston

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jackie Brenston
Data nacemento15 de agosto de 1930
Nado enClarksdale
Falecemento15 de decembro de 1979 (49 anos)
 Memphis
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoHeavenly Rest Memorial Park e valor descoñecido
Ocupacióncompositor de cancións, saxofonista e cantante
Instrumento(s)voz, saxofón
Na rede
Musicbrainz: ee9966ca-c0e8-459b-afcc-4e882dbfc599 Discogs: 598247 Allmusic: mn0000782307 WikiTree: Brenston-3 Find a Grave: 196827382 Editar o valor em Wikidata

Jackie Brenston, nado en Clarksdale (Mississippi) o 15 de agosto de 1930 e finado en Memphis (Tennessee) o 15 de decembro de 1979, foi un vocalista de R&B e saxofonista afroamericano que gravou, xunto á banda de Ike Turner, a primeira versión do tema proto-rock and roll "Rocket 88".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Brenston regresou á súa vila natal tras o servizo militar en 1947 e aprendeu a tocar o saxofón tenor, uníndose a Ike Turner en 1950 como saxofonista e vocalista ocasional da súa banda. O éxito local dos Turner’s Kings of Rhythm fixo que B. B. King os recomendase a Sam Phillips, dono duns estudios en Memphis, Tennessee, onde a banda realizou varias gravacións a comezos de marzo de 1951, incluída "Rocket 88", na cal Brenston fai a voz principal e na que aparece acreditado como compositor.

Phillips pasoulle as gravacións ao selo Chess Records de Chicago, que editou "Rocket 88" baixo o nome de "Jackie Brenston and his Delta Cats", en vez de co nome de Turner. A gravación acadaría en pouco tempo o número 1 na lista de R&B da Billboard e estivo nesa posición ao redor dun mes. Phillips posteriormente afirmou que esta fóra a primeira gravación de rock and roll, e isto foi comunmente repetido por outros a pesar de que existen outros candidatos. Phillips usou o éxito da canción para crear Sun Records o ano seguinte.

Despois dunha sesión de gravación máis, Brenston e Turner separáronse, e Brenston pasou a tocar na banda de Lowell Fulson, onde estivo dous anos. Volvería a tocar co grupo de Turner de 1955 a 1962. Aínda que ocasionalmente cantou nela, Turner aparentemente prohibíulle cantar "Rocket 88".

Volveuse alcohólico e continuou tocando en bandas locais. Despois dunha última sesión gravación con Earl Hooker en 1963, traballou ocasionalmente como camioneiro antes de padecer un fatal ataque ao corazón en 1979, que o matou en Memphis cando tiña 49 anos.