Sun Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Discos de Sun Records

Sun Records, selo discográfico dos Estados Unidos fundouna en 1952 Sam Phillips en Memphis (Tennessee), Estados Unidos. Os xéneros musicais nos que se centrou a discográfica foron blues, country, rhythm and blues e rockabilly.

Entre os músicos que gravaron algún sinxelo na Sun Records destacan: Elvis Presley, Johnny Cash, Carl Perkins, Roy Orbison, Jerry Lee Lewis, B.B. King, Howlin' Wolf, Rufus Thomas, Junior Parker, Sonny Burguess, Billy Lee Riley, Warren Smith, Charlie Rich, Carl Mann o Charlie Feathers.

O selo discográfico desapareceu en 1968, para posteriormente ser adquirido co fin de reeditar algunhas gravacións míticas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]