Jérôme Bonnissel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jérôme Bonnissel
Información persoal
Nome completoJérôme Bonnissel
Nacemento16 de abril de 1973 (45 anos)
LugarMontpellier, Francia
Altura1,74 m.
PosiciónDefensa
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1992–1996Montpellier119(1)
1996–1999Deportivo da Coruña63(0)
1999–2003Bordeaux82(0)
2003Rangers3(0)
2003–2005Fulham16(0)
2006Marseille5(0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Jérôme Bonnissel, nado en Montpellier o 16 de abril de 1973, é un ex futbolista francés. Xogaba de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira en 1992 no equipo da súa cidade natal, o Montpellier HSC. Neste club estivo 4 campañas, nas que participou en 119 encontros e anotou 1 gol.

Na tempada 1996–97 fichou polo Deportivo da Coruña, onde estivo tres campañas. Debutou na primeira xornada, nun encontro contra o Real Madrid en Riazor que rematou con empate (1–1). No Dépor permaneceu 3 campañas.

En 1999 retornou ao fútbol francés para militar no FC Girondins de Bordeaux, club que o fichou en xullo de 1999 ao Deportivo por 7,5 millóns de euros.[1] En xaneiro de 2003 firmou até final da tempada co Rangers FC escocés.

Posteriormente xogou no Fulham FC e no Olympique de Marsella.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]