Saltar ao contido

Iván Fandiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIván Fandiño

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Iván Fandiño Barros Editar o valor en Wikidata
29 de setembro de 1980 Editar o valor en Wikidata
Orduña-Urduña, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xuño de 2017 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Mont-de-Marsan, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteaccidente laboral, cornada (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntoureiro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2002 Editar o valor en Wikidata -
Cronoloxía
12 de maio de 2009confirmación de alternativa (en) Traducir (Madrid)
25 de agosto de 2005Alternativa (tauromaquia) (pt) Traducir (Bilbao) Editar o valor en Wikidata

Twitter: ivanfandino Editar o valor en Wikidata

Iván Fandiño Barros, nado en Orduña o 29 de setembro de 1980 e finado en Aire-sur-l'Adour, Landas, Francia o 17 de xuño de 2017, foi un toureiro vasco de orixe galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Saía a ombreiros en Baiona tras estoquear 6 touros.

Naceu en Orduña, Biscaia, o 29 de setembro de 1980, sendo fillo de dous galegos: Francisco, natural de Oza dos Ríos, e Charo, de Figueroa, Abegondo.[1] Sen tradición taurina na súa familia, afeccionouse aos touros aos 14 anos despois de destacar na súa mocidade como pelotari.

Vestiu o traxe de luces por primeira vez en Llodio o 16 de agosto de 1999 e debutou con picadores o 2 de xuño de 2002 en Orduña, con novelos propiedade de Javier Pérez Tabernero e compartindo cartel con Julien Lescarret e Javier Lara, cortando tres orellas.

Despois dun intenso percorrido por prazas de touros máis pequenas, o 12 de maio de 2009 confirmou a alternativa con Antonio Ferrera, e Morenito de Aranda como padriño e testemuña, ante "Catalán", touro da gandería "La Dehesilla". Lucía un traxe lila e dourado e saíu ovacionado.

O 2011 foi o ano do seu lanzamento ao éxito taurino tras catro grandes actuacións na praza de Las Ventas, Madrid, cortando outras tantas orellas, o que lle outorgou numerosos premios, como o de triunfador de San Isidro e da tempada. A pesar de recibir unha grave cornada en Málaga o 20 de agosto, rematou a tempada no máis alto da clasificación. Continuou a súa progresión durante os seguintes anos, con numerosas actuacións en España, Francia, Portugal e América do Sur, converténdose nun dos toureiros máis destacados do mundo.

O 17 de xuño de 2017, aos 36 anos, na localidade francesa de Aire-sur-l'Adour, no departamento das Landas, enfrontouse ao touro "Provechito", da gandería española de Baltasar Ibán, durante a corrida de touros que conmemoraba as festas desta vila francesa. Foi derrubado polo touro, que lle asestou unha grave cornada que lle afectou ao fígado, pulmón e ril, cortando a vea cava inferior e provocándolle unha grave hemorraxia. Tras ser atendido na enfermería da praza, e ante a gravidade do contratempo, Fandiño foi trasladado ao Hospital Mont-de-Marsan, falecendo unha vez que chegou alí por unha segunda parada cardíaca que non puido superar. Os médicos que o atenderon só puideron certificar a súa morte.[2]

Foi a segunda morte dun toureiro español nunha praza no século XXI, despois da de Víctor Barrio o 9 de xullo de 2016 en Teruel.[3]

  1. Portabales, Pablo (5 de novembro de 2011). "Cena con un matador". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  2. "El médico que atendió a Iván Fandiño: "La muerte era instantánea. Era imposible hacer nada por él"". Antena 3 (en castelán). EFE. 18 de xuño de 2017. Consultado o 18 de junio de 2017. 
  3. "Muere el picador José Antonio Muñoz aplastado por el caballo". El País (en castelán) (Madrid). 23 de maio de 1999. Consultado o 4 de febreiro de 2022.