Iturup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Iturup
ruso: Итуру́п
xaponés: 択捉島
Ainu:エツ゚ヲロシㇼ
Demis-kurils-russian names.png
Localización da illa
Demis-Iturup.png
Situación
País Rusia Rusia
Óblast Óblast de Sakhalin
Arquipélago Illas Kuriles
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 45°02′N 147°37′L / 45.033, -147.617Coordenadas: 45°02′N 147°37′L / 45.033, -147.617
Xeografía
Xeoloxía Illa volcánica
Superficie 3.139 km²
Longura máxima 200 km.
Largura máxima 7 - 27 km.
Punto máis alto 1.634 m. Stokap
Demografía
Capital Kurilsk (1.900 hab. en 2007)
Poboación 7.500 (2003)

Iturup (en ruso: Итуруп; en xaponés: 択捉島, Etorofu-tō) é a illa máis grande do arquipélago das Kuriles, cunha superficie de 3.139 km². Ao nordés atópase a illa Urup, separada polo estreito de Vries, e ao suroeste a illa Kunashir, separada polo estreito de Ekaterina.

Administrativamente, forma parte do raion de Kurilsk, do óblast de Sajalín, Rusia. O centro administrativo é a cidade de Kurilsk.

Xapón reclama a soberanía de Iturup, e inclúe a illa na Subprefectura de Nemuro da prefectura Hokkaido.

Na illa atópase o campo de aviación militar Burevestnik (Буревестник).

En 2006 en Iturup foi aberto o maior complexo de tratamento de peixe de Rusia.

Galería[editar | editar a fonte]