Isoroku Yamamoto
Isoroku Yamamoto | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de abril de 1884 |
Lugar de nacemento | Nagaoka |
Falecemento | 18 de abril de 1943 |
Lugar de falecemento | Bougainville |
Causa | morto en combate |
Soterrado | Tama Cemetery |
Nacionalidade | Xapón |
Etnia | Pobo xaponés |
Alma máter | Universidade Harvard, Naval War College e Imperial Japanese Naval Academy |
Ocupación | oficial |
Premios | Cruz de Cavaleiro da Cruz de Ferro com Folhas de Carvalho e Espadas, Order of the Rising Sun, 1st class, Grand Cordon of the Supreme Order of the Chrysanthemum, Ordem do Papagaio Dourado, Ordem do Tesouro da Felicidade Sagrada, sen etiquetar, Ordem de Mérito da Águia Alemã, Knight grand cross of the order of the crown of Italy, Ordem do Crisântemo e Ordem da Paulownia |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Isoroku Yamamoto (山本 五十六, やまもと いそろく), nado en Nagaoka, prefectura de Niigata, no Xapón, o 4 de abril de 1884, e finado nas Illas Salomón en 1943, foi un almirante xaponés.
Cursou estudos na Escola Naval e máis tarde participou na guerra ruso-xaponesa. En 1926 foi nomeado agregado naval da embaixada xaponesa en Washington e, entre 1934 e 1935, representou ao seu país na conferenza naval de Londres, na que rexeitou as peticións internacionais para que o Xapón reducira a súa frota de guerra.
En 1936 foi nomeado viceministro da frota xaponesa e, pouco despois do inicio da segunda guerra mundial, comandante en xefe das forzas navais. Opúxose á participación xaponesa na contenda bélica, argumentando que o Xapón non contaba cos recursos necesarios para vencer aos Estados Unidos, pero unha vez decidida, planificou o ataque sobre Pearl Harbor, convencido de que só un ataque por sorpresa danaría ás forzas estadounidenses. Porén, tal como predicira, trala vitoria estadounidense na batalla de Midway a guerra cambiou de signo e comezou o declive do Xapón.
Yamamoto morreu durante unha inspección da fronte, ao ser derribado o avión no que viaxaba polo exército estadounidense, que lograra descifrar o código secreto dos xaponeses e coñecía a ruta que ía seguir o aparato que trasladaba ao almirante.