Irene Dunne
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de decembro de 1898 Louisville |
| Morte | 4 de setembro de 1990 Os Ánxeles |
| Causa da morte | infarto agudo de miocardio cardioplegia (pt) |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Calvary |
| Outros nomes | First Lady of Hollywood Irene Dunne Griffin Dunnie |
| Relixión | Catolicismo |
| Educación | Chicago Musical College (en) Webster University (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Filme e televisión |
| Ocupación | actriz de cinema, cantante, Delegada, actriz de televisión, actriz de teatro, actriz |
| Período de actividade | 1922 |
| Partido político | Partido Republicano |
| Tesitura | Soprano |
| Selo discográfico | Decca Records |
| Premios | |
| |
| Sitio web | irenedunneguild.org |
Irene Marie Dunn, nada en Louisville (Kentucky) o 20 de decembro de 1898 e finada nos Ánxeles o 4 de setembro de 1990 foi unha actriz estadounidense, coñecida como Irene Dunne.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada en Kentucky, tiña once anos cando morreu o seu pai. Despois dese feito mudouse coa súa nai e o seu irmán a Madison, Indiana. A nai de Dunne ensinoulle desde pequena a tocar o piano. Ademais, cunha voz de soprano tratou de ser cantante de ópera, pero non pasou as probas da Metropolitan Opera Company.
Debutou en Broadway en 1922 e en poucos anos xa tiña unha destacada carreira no escenario. En 1929 asinou un contrato coa RKO Pictures e apareceu no cinema por primeira vez en 1930. Marchou a Hollywood coa súa nai e irmán, quedando o seu marido en Nova York ata 1936.
Durante as décadas de 1930 e 1940 converteuse nunha popular heroína da pantalla, interpretando a súa primeira comedia en 1936 (Theodora Goes Wild).
Retirouse en 1952, aínda que seguiu actuando no teatro e na televisión ata 1962, tres anos antes da morte do seu marido.
Dunne foi descrita como a mellor actriz que nunca recibiu un oscar[1] a pesar de recibir cinco candidaturas ao premio á mellor actriz.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme |
|---|---|
| 1930 | Leathernecking |
| 1931 | Cimarron |
| Bachelor Apartment | |
| The Great Lover | |
| Consolation Marriage | |
| 1932 | Symphony of Six Million |
| Back Street | |
| Thirteen Women | |
| 1933 | No Other Woman |
| The Secret of Madame Blanche | |
| The Silver Cord | |
| Ann Vickers | |
| If I Were Free | |
| 1934 | This Man Is Mine |
| Stingaree | |
| The Age of Innocence | |
| Sweet Adeline | |
| 1935 | Roberta |
| Magnificent Obsession | |
| 1936 | Show Boat |
| Theodora Goes Wild | |
| 1937 | High, Wide, and Handsome |
| The Awful Truth | |
| 1938 | Joy of Living |
| 1939 | Love Affair |
| Invitation to Happiness | |
| When Tomorrow Comes | |
| 1940 | My Favorite Wife |
| 1941 | Penny Serenade |
| Unfinished Business | |
| 1942 | Lady in a Jam |
| 1943 | A Guy Named Joe |
| 1944 | The White Cliffs of Dover |
| Together Again | |
| 1945 | Over 21 |
| 1946 | Ana e o rei de Siam |
| 1947 | Life with Father |
| 1948 | I Remember Mama |
| 1950 | Never a Dull Moment |
| The Mudlark | |
| 1952 | It Grows on Trees |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Milton, Michael. Neil Postman, Irene Dunne and the Right Use of Entertainment. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Irene Dunne |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cavell, Stanley (1981). Pursuits of Happiness. Cambridge, Massachusetts.
- Kendall, Elizabeth (1990). The Runaway Bride: Hollywood Romantic Comedy of the 1930s. Nova York.
- Schultz, Margie (1981). Irene Dunne: A Bio-Bibliography. Nova York.
- Gehring, Wes D. (2003). Scarecrow Press, ed. Irene Dunne: First Lady of Hollywood. Lanham, MD.
- DiBattista, Maria (2001). Yale University Press, ed. Fast-talking Dames. New Haven, CT.