Inés Arrimadas
Inés Arrimadas García, nada o 3 de xullo de 1981 en Xerez da Fronteira,[1] é unha política e avogada catalá, deputada no Parlamento de Cataluña por Ciutadans-Partit de la Ciutadania[2] e candidata do seu partido para as Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Dereito e mais en Administración e dirección de empresas pola Universidade Pablo de Olavide de Sevilla. Durante oito anos exerceu de consultora de operacións e estratexia no grupo empresarial D'Aleph e de responsable de calidade e administración no grupo MAT.
No ano 2011 ingresou en Ciutadans - Partit de la Ciutadania, ocupando diversos cargos orgánicos no seo do partido, pertence ao seu comité executivo e á xunta directiva das súas mocidades, e mais tamén é responsable das relacións institucionais. En novembro de 2012 resultou elixida deputada no Parlamento de Cataluña, converténdose na voceira adxunta do grupo parlamentario da súa formación
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Retrato familiar de Inés Arrimadas desde Jerez: 'La niña ya es imparable'". ELMUNDO (en castelán). 4 de outubro de 2015. Consultado o 3 de xullo de 2019.
- ↑ «Ficha de Arrimadas no Parlamento de Cataluña Arquivado 13 de xullo de 2013 en Archive.is
- ↑ Rivera y Arrimadas, candidatos a las primarias nacionales y catalanas de Ciudadanos, 20 minutos, xuño de 2015