Inukai Tsuyoshi
Inukai Tsuyoshi | |
---|---|
![]() | |
Alcume | 仙次郎, 憲政の神様, 昭和の実盛 e 台光院殿沈毅木堂大居士 |
Nacemento | 4 de xuño de 1855 |
Lugar de nacemento | Okayama |
Falecemento | 15 de maio de 1932 e 16 de maio de 1932 |
Lugar de falecemento | Toquio |
Soterrado | Cemitério de Aoyama |
Nacionalidade | Xapón |
Etnia | Pobo xaponés |
Alma máter | Universidade Keio |
Ocupación | político e xornalista |
Fillos | Takeru Inukai |
Premios | Order of the Rising Sun, 1st class e Order of the Rising Sun with Paulownia Flowers, 1st class |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Inukai Tsuyoshi (犬養 毅?, nado o 20 de abril de 1855 e finado o 15 de maio de 1932) foi un político xaponés, vixésimo noveno primeiro ministro do Xapón (desde o 13 de decembro de 1931 até o 15 de maio de 1932, día do seu asasinato). Era o bisavó de Sadako Ogata.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
Naceu nunha familia de samuráis no Niwase han, provincia de Bizen (actual cidade de Okayama, na prefectura de Okayama), e graduouse na Universidade Keiō de Tokio. Na súa mocidade traballou como xornalista. Acompañou ao Exército Imperial Xaponés durante a Rebelión de Satsuma como reporteiro do Yubin Hochi Shimbun.
Carreira política[editar | editar a fonte]
Inukai uniuse ao partido Rikken Kaishintō en 1882, que apoiaba as causas políticas liberais e opúxose aos membros dos antigos dominios Chōshū e Satsuma que controlaban o goberno. Foi elixido deputado da Cámara de Representantes en 1890, e renovou o escano dezasete veces.
O seu primeiro posto de gabinete foi como ministro de Educación no primeiro goberno de Okuma Shigenobu en 1898, e como ministro de Asuntos Internos e Comunicacións no segundo mandato de Yamamoto Gonnohyoe.
Foi unha figura clave no Shinpotō, no Kenseitō e no Rikken Kokumintō, que finalmente acabou co goberno de Katsura Tarō en 1913.
En 1922, o Rikken Kokuminto converteuse no Kakushin Kurabu, que uniu forzas con outros partidos máis pequenos para formar o gabinete de Katō Takaaki en 1924. Inukai serviu no gabinete como Ministro de Asuntos Internos e Comunicacións. O Kakushin Kurabu fusionouse co Rikken Seiyūkai, dos cales Inukai continuou sendo un membro clave. En 1929, tras a morte repentina de Tanaka Giichi, converteuse en presidente do Rikken Seiyūkai.
Primeiro ministro[editar | editar a fonte]

Inukai converteuse no 29º primeiro ministro do Xapón en 1931. Nese momento, Xapón afrontaba unha grave situación económica debido aos efectos da Gran Depresión de 1929 e o seu prematuro retorno ao patrón ouro. O goberno de Inukai tomou medidas para inflar a economía. Non obstante, non puido impoñer restricións fiscais ao exército nin controlar os asuntos militares na China, despois do incidente de Manchuria. A constante disputa co poder militar levou ao asasinato de Inukai durante o golpe do 15 de maio de 1932 -un grupo de fanáticos vinculados á Mariña matárono despois de que ratificara o Tratado de Londres, que puxo límites á Mariña-,[2] e marcou o fin do control político civil no goberno até o final da Segunda guerra mundial.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Sadako Ogata: First female UN refugee chief dies at 92". BBC News (en inglés). 2019-10-29. Consultado o 2022-07-09.
- ↑ Shin-Ichi 2013, p. 21.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inukai Tsuyoshi ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Bix, Herbert B. Hirohito e a creación do Xapón moderno . HarperPerennial (2001). ISBN 0-06-093130-2
- Brendon, Piers. The Dark Valley: A Panorama of the 1930s . Vintage; reedición (2002). ISBN 0-375-70808-1
- Oka Yoshitake, et al. Cinco líderes políticos do Xapón moderno: Ito Hirobumi, Okuma Shigenobu, Hara Takashi, Inukai Tsuyoshi e Saionji Kimmochi . University of Tokyo Press (1984). ISBN 0-86008-379-9
- Shin-Ichi, Yamamuro (2013). "L'empire du Japon et le choc de la Première Guerre mondiale" 1 (249): 5–32.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Predecesor: Wakatsuki Reijirō |
Primeiro ministro do Xapón 1931 - 1932 |
Sucesor: Saitō Makoto |