Intolerancia aos alimentos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Intolerancia aos alimentos
Clasificación e recursos externos
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Enténdese por intolerancia aos alimentos a incapacidade de consumir certos alimentos ou nutrientes sen sufrir efectos adversos sobre a saúde. Etes efectos poden ser máis ou menos rápidos.

A intolerancia aos alimentos distínguese da alerxia alimentaria en que esta última provoca unha resoesta do sistema inmune, activando a inmunoglobulina E (IgE), e a intolerancia, non.

O exemplo máis común de intoleracia aos alimentos é a intolerancia á lactosa, que se debe non só á insuficiencia do enzima lactase, que impide a correcta absorción da lactosa, senón tamén á intolerancia ás proteínas da vaca, que padecen un gran número de nenos ao consumir leite de vaca ou leite materno dunha nai (ou dunha ama de cría) que consumira leite ou carne de tenreira. Outras intolerancias comúns son o ovo e ao peixe.

Segundo o grao de intolerancia á lactosa, pódese producir desde un rexeitamento inmediato a toda clase de leite até síntomas de difícil diagnóstico, xa que unha malabsorción da lactosa roduce unha acumulación de gases no intestino, que producen dor abdominal e incluso dor de estómago e vómitos. É un exemplo de efecto rápido sobre a saúde.

No caso da intolerancia ás proteínas do leite de vaca (IPLV), as persoas, en especial os nenos, non son capaces de dixerilas e prodúcenlles trastornos dixestivos que sinalan chorando e non podeno durmir. Esta intolerancia adoita dsaparecer ao pasaren uns anos e combátese mediante biberóns dun leite especial que non provén da vaca ou un leite hidrolizado.

Tipos de intolerancia aos alimentos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]