Intolerancia á trehalosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A intolerancia á trehalosa ou intolerancia aos cogomelos é unha enfermidade pouco coñecida, debida á falta do enzima trehalase no intestino delgado.

Ao non existir este enzima, a trehalosa (un disacárido) non pode ser desdobrado nas dúas moléculas de glicosa que o forman. A falta deste enzima nas vilosidades do intestino delgado provoca que a trehalosa pase sen dixerir ao intestino groso, onde é fermentada polas bacterias, producindo gases, malestar, diarreas etc.

É unha doenza moi difícil de diagnosticar, xa que os síntomas son moi similares a outras intolerancias e pátoloxías dixestivas máis comúns, como a enfermidade celíaca, a intolerancia á lactosa, a síndrome de intestino irritábel, a enfermidade de Crohn etc.

Unha forma de diagnosticala é efectuar unha biopsia intestinal, tomar unha mostra das vilosidades intestinais e analizar a cantidade de enzima presente.