International School of Law and Business
International School of Law and Business Tarptautinė teisės ir verslo aukštoji mokykla | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
Fundación | 1998 |
Fundador | Daiva Daugvilienė |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Escola Internacional de Dereito e Economía (en lituano: Tarptautinė teisės ir verslo aukštoji mokykla, TTVAM en inglés: International School of Law and Business, ISLB) é unha institución privada de educación superior en Vilnius, Lituania. Forma parte de entidades colaboradoras do Grupo Compostela de Universidades (GCU) e na XX Asemblea Xeral o premio GCU que outorga a Xunta foi entregado alí.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
A facultade abriuse o 1 de setembro de 1998 como Daugvilienė Business High School, polo nome do seu primeiro director, Daiva Daugvilienė.
A súa forma xurídica é uždaroji akcinė bendrovė (UAB, empresas con capital social de máis de 2500 €).
O 24 de agosto de 2001 outorgóuselle o estatuto de universidade. En setembro de 2009, o antigo Colexio de Dereito e Economía de Vilnius (en lituano: Vilniaus teisės ir verslo kolegija, VTVK ) foi renomeado como International School of Law and Economics.
Estrutura[editar | editar a fonte]
Facultades[editar | editar a fonte]
- Facultade de Dereito (Dekan Doz. Raimundas Kalesnykas )
- Facultade de Económicas
- Facultade de Informática
- Facultade de Humanidades
Profesorado e alumnado[editar | editar a fonte]
Entre os seus profesores están os viceministros Dalius Bitaitis e Julius Morkūnas, o ministro de Interior Eimutis Misiūnas, o xuíz Aurelijus Gutauskas e a avogada Vesta Kasputė campioa de xadrez de Lituania (WFM). Entre os seus alumnos están Justas Džiugelis (membro do Seimas en 2016) e a cantante Ieva Zasimauskaitė-Kiltinavičienė.
Xestión[editar | editar a fonte]
- Director: Daiva Daugvilienė
- Subdirectora de Actividade Académica: Izolda Krutkienė
- Subdirector Studium: Gitana Jurgelaitienė
- Subdirectora de Calidade: Aurelija Rudaitienė
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El Grupo Compostela de Universidades abre el plazo de presentación de candidaturas para el XVIII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia". Fundación Galicia Europa (en castelán). 2014-02-07. Consultado o 2022-07-22.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: International School of Law and Business |