Saltar ao contido

Union Mundial pro Interlingua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Union Mundial pro Interlingua
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
28 de xullo de 1955 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
Códigos e identificadores
VIAF130768118 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121576963 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/068svs Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

A Union Mundial pro Interlingua (UMI) é unha entidade sen ánimo de lucro dedicada a promover o coñecemento e uso da Interlingua no mundo. A UMI foi fundada o 28 de xullo de 1955[1].

A UMI é unha institución de cooperación en materia de promoción do uso da interlingua para a comunicación internacional en situacións adecuadas, a información sobre esta lingua, a edición de manuais, dicionarios e outras publicacións interlingua.

A UMI conta con membros, representantes e representacións nos cinco continentes[1]. Un consello executivo formado por un presidente, un secretario xeral, un vicesecretario e un administrador encárgase das actividades do día a día da UMI. Un consello xeral con, como máximo, dous representantes de cada país, no que exista unha representación nacional interlingua, analiza con detalle as directrices.

A UMI edita unha revista bimestral, Panorama in Interlingua, con información internacional en Interlingua para unha audiencia global: xornalismo, noticias, reportaxes, entrevistas, recensións de libros, e con especial atención á difusión das noticias de Interlingua a nivel mundial.

  1. 1 2 "Le Union Mundial pro Interlingua (UMI) – un supervista". www.interlingua.com. Consultado o 2026-06-03.