Saltar ao contido

Interkosmos 10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Interkosmos 10
TipoCientífico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento30 de outubro de 1973, 19:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorKosmos 3M[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2]
Obxectivo da misiónEstudo da ionosfera terrestre.[2]
Decaemento1 de xullo de 1977[1]
NSSDC ID1973-082A
Masa550 kg[6]

Interkosmos 10 (Интеркосмос 10 en ruso), tamén denominado DS-U2-IK Nº 4, foi un satélite artificial soviético lanzado o 30 de outubro de 1973 mediante un foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Interkosmos 10 foi o cuarto membro da serie de satélites DS-U2-IK e estaba adicado ó estudo da ionosfera terrestre.[2][6]

Interkosmos 10 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países. Foi inxectado nunha órbita inicial de 1477 km de apoxeo e 265 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 74 graos e un período de 102,0 minutos. Reentrou na atmosfera o 1 de xullo de 1977.[1][6]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "INTERCOSMOS 10" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (14 de maio de 2012). "Intercosmos 10" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2012. Consultado o 5 de setembro de 2012. 
  3. "Letter dated 25 January 1974 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (74-02565). 28 de xaneiro de 1974: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 5 de setembro de 2012. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Interkosmos 10" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 5 de setembro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (31 de marzo de 2012). Gunter's Space Page, ed. "Interkosmos 10, 5, 9, 10, 12, 13, 14 (DS-U2-IK)" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "DS-U2-IK" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]