Saltar ao contido

DS-U2-IK

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

DS-U2-IK foi o nome dun modelo de satélites artificiais soviético adicado ó estudo da ionosfera terrestre.[1][2]

En total lanzáronse sete satélites da serie DS-U2-IK, tres desde a base de Kapustin Yar (mediante foguetes Kosmos 2I) e o resto (mediante foguetes Kosmos 3M) desde o cosmódromo de Plesetsk.[1][2]

Os sete satélites da serie DS-U2-IK enmarcáronse no programa Interkosmos de colaboración internacional entre a Unión Soviética e outros países. Os satélites foron construídos pola oficina de deseño de Yuzhnoye, con variacións introducidas por V. F. Chutkin e V. S. Budnik para esta serie en particular.[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Data[1][2] Rampla de lanzamento[1][2] Carga[1][2] Resultado[1][2] Notas[1][2]
7 de agosto de 1970, 2:59 GMT Kapustin Yar Interkosmos 3 Éxito Primeiro voo dun DS-U2-IK.
2 de decembro de 1971, 8:25 GMT Kapustin Yar Interkosmos 5 Éxito
19 de abril de 1973, 10:19 GMT Kapustin Yar Interkosmos 9 Éxito
30 de outubro de 1973, 19:00 GMT Cosmódromo de Plesetsk Interkosmos 10 Éxito
31 de outubro de 1974, 10:00 GMT Cosmódromo de Plesetsk Interkosmos 12 Éxito
27 de marzo de 1975, 14:30 GMT Cosmódromo de Plesetsk Interkosmos 13 Éxito
11 de decembro de 1975, 17:00 GMT Cosmódromo de Plesetsk Interkosmos 14 Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2011). "DS-U2-IK" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Gunter Dirk Krebs (31 de marzo de 2012). Gunter's Space Page, ed. "Interkosmos 3, 5, 9, 10, 12, 13, 14 (DS-U2-IK)" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2012. 

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Agapov, V (1997). "K zapusku pervovo ISZ serii 'DS'". Novosti Kosmonavtiki (6). 
  • "AUOSi prodolzhayut rabotu". Novosti Kosmonavtiki (21): 43. 1995.