Interkosmos 5
Interkosmos 5 | |
---|---|
Tipo | Científico |
Destino actual | Reentrado na atmosfera.[1] |
Data de lanzamento | 2 de decembro de 1971, 8:25 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Kosmos 2I[2][5] |
Sitio de lanzamento | Kapustin Yar[2] |
Obxectivo da misión | Estudo da ionosfera terrestre.[2] |
Decaemento | 7 de abril de 1972[1] |
NSSDC ID | 1971-104A |
Masa | 340 kg[6] |
Interkosmos 5 (Интеркосмос 5 en ruso), tamén denominado DS-U2-IK Nº 2, foi un satélite artificial soviético lanzado o 2 de decembro de 1971 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.[2][5][7]
Características
[editar | editar a fonte]Interkosmos 5 foi o segundo membro da serie de satélites DS-U2-IK e estaba adicado ó estudo da ionosfera terrestre. A bordo levaba instrumentos soviéticos e checos para medi-la composición e variación temporal dos fluxos de partículas cargadas e para medi-lo espectro das ondas electromagnéticas de baixa frecuencia, entre 20 e 70 kHz. O satélite foi seguido por estacións terrestres situadas tanto na Unión Soviética como en Checoslovaquia e na República Democrática Alemá.[2][6]
Interkosmos 5 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países. Foi inxectado nunha órbita inicial de 1200 km de apoxeo e 205 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 98,5 minutos. Reentrou na atmosfera o 7 de abril de 1972.[1][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "Intercosmos 5" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (14 de maio de 2012). "Intercosmos 5" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2012. Consultado o 4 de setembro de 2012.
- ↑ "Letter dated 24 January 1972 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (72-02096). 25 de xaneiro de 1972: 3. A/AC.105/INF.243. Consultado o 15 de xullo de 2019.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Interkosmos 5" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (31 de marzo de 2012). Gunter's Space Page, ed. "Interkosmos 5, 5, 9, 10, 12, 13, 14 (DS-U2-IK)" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "DS-U2-IK" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2012.
- ↑ "INTERCOSMOS 5 LAUNCHED" (PDF). 16 de decembro de 1971: 984–985. FLIGHT International. Consultado o 4 de setembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fischer, S. ; Vesely, V. ; Sicha, M. ; Laska, L. ; Novak, M. ; Nemecek, Z. ; Studnicka, J. ; Hrachova-Rezacova, V. ; Tichy, M. ; Dubinsky (1974). "Charged particle measurements on board the Intercosmos 5 satellite made by the PG-1-A apparatus". Bull. Astron. Inst. Czech. 25 (2): 69–74. Consultado o 4 de setembro de 2012.
- Vakulov, P. V.; Grigorov, N. L.; Dubinsky, J.; Fisher, S. (1976). "Investigation of corpuscular radiation on the Intercosmos-3 and Intercosmos-5 satellites". The Intercosmos program.: 85–101. Consultado o 4 de setembro de 2012.
- M. Slivka, J. Dubinský, A. Futó, K. Kudela (1977). "Determination of the spectral characteristics of electron pulsation according to the INTERCOSMOS-5 data" (PDF). Acta Physica Slovaca 27 (2): 134. Consultado o 4 de setembro de 2012.