Saltar ao contido

Institucións da Unión Europea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Principais sedes
1 Bruxelas Parlamento - Consello - Comisión
2 Estrasburgo Plenarias do Parlamento
3 Luxemburgo Tribunal de Xustiza- Tribunal de Contas -
4 Frankfurt Banco Central Europeo
5 A Haia Europol
O "Hemiciclo" de Estrasburgo
O "Hemiciclo" de Estrasburgo
Sede parlamentaria de Estrasburgo
Sede parlamentaria de Bruxelas
Consexo
Comisión
*= Candidatos a adherirse á Unión Europea

As Institucións da Unión Europea (UE) son os organismos políticos e institucións nos que os estados membros delegan parte dos seus poderes e soberanía. Con iso búscase que determinadas decisións e actuacións institucionais proveñan de órganos de carácter supranacional cuxa vontade se aplica no conxunto dos Estados membros, desapoderando así aos órganos nacionais de cada país.

Como calquera estado, a UE dispón dun parlamento, un executivo e un poder xudicial independente, que están apoiados e complementados por outras institucións.

As normas e procedementos que as institucións deben seguir establécense nos tratados, negociados polo Consello Europeo e en conferencias intergobernamentais e ratificados polos parlamentos nacionais de cada Estado. Os tratados que na actualidade definen a estrutura institucional son o Tratado da Unión Europea (TUE) e o Tratado da Comunidade Europea (TCE). Mentres o TCE recolle basicamente os contidos dos Tratado de Roma, polos que se creou a entón Comunidade Económica Europea (CEE) en 1958, o TUE foi asinado en Maastricht en 1992, aínda que posteriormente foi modificado polo Tratado de Ámsterdan (1997) e o Tratado de Niza (2000).

Despois do fracasado Tratado Constitucional (asinado en 2004 coa intención de substituír a todos os anteriores tratados, pero errado por mor dos referendos negativos en Francia e os Países Baixos en 2005), en 2007 asinouse o Tratado de Lisboa, que na actualidade atópase no proceso de ratificación. Este tratado modifica novamente o TUE, pero tamén o TCE, que pasaría a chamarse Tratado sobre o Funcionamento da Unión Europea (TFUE).

Alicerces

[editar | editar a fonte]

O tres alicerces do TUE conforman a arquitectura da Unión:

  • Primeiro alicerce: A dimensión comunitaria, que corresponde ás disposicións incluídas no Tratado da Comunidade Europea, a CECA e a EURATOM: cidadanía da Unión, políticas comunitarias, unión económica e monetaria etc.
  • Segundo alicerce: A política exterior e de seguridade común (PESC), regulada polo Título V do TUE.
  • Terceiro alicerce: A cooperación policial e xudicial en materia penal, regulada polo Título VI do TUE.

Institucións

[editar | editar a fonte]

Institucións constitucionais da Unión

[editar | editar a fonte]
  • O Parlamento Europeo (PE), elixido cada cinco anos polos cidadáns da Unión nas eleccións europeas, é a asemblea parlamentaria e único parlamento plurinacional elixido por sufraxio universal directo no mundo. Aínda que foi fundado só como unha asemblea consultiva, os poderes lexislativos do PE aumentaron notablemente a partir do Tratado de Maastricht (1992). Na actualidade, ostenta, xunto ao Consello, o poder lexislativo da Unión.
  • O Consello da Unión Europea (CUE), comunmente coñecido como Consello de Ministros, representa aos Gobernos dos Estados membros, cuxos intereses particulares defende na procura dun acordo común. Xunto ao Parlamento Europeo, exerce o poder lexislativo. Exerce importantes potestades executivas cuxo exercicio delega automaticamente á Comisión. Nos últimos tempos parece confirmarse como centro gravitacional do poder comunitario, en detrimento fundamentalmente da Comisión, aínda que cada vez máis cegado pola súa alter ego nas alturas, o Consello Europeo. De entrar en vigor as previsións do Tratado de Lisboa, a súa denominación simplificarase e quedará reducida a Consello.
  • A Comisión Europea (CE) representa o poder executivo dentro da UE, aínda que tamén intervén na lexislación. É unha institución politicamente independente que representa e defende os intereses da Unión no seu conxunto, propón a lexislación, políticas e programas de acción e é responsable de aplicar as decisións do PE e o CUE. A Comisión ten o dereito de iniciativa exclusiva no proceso lexislativo; é dicir, que propón as novas leis da Unión, pero son as Cámaras Lexisladoras, Parlamento e Consello, as que as adoptan.

O Consello Europeo

[editar | editar a fonte]

O Consello Europeo (non confundir co Consello da UE), formado polos Xefes de Estado ou de Goberno dos Estados da Unión, reúnese catro veces ao ano (segundo a Acta Única Europea, debe reunirse polo menos dúas veces ao ano ou máis, de en sesión extraordinaria, por convocatoria do seu presidente) para analizar as grandes cuestións europeas e dar á Unión os impulsos necesarios, así como definir as súas prioridades e orientar as súas políticas xerais. Carece de toda potestade lexislativa, executiva ou xudicial, polo menos formalmente, pero a súa influencia é grande e tende a ser crecente. O seu antecedente son as "Conferencias no cume" dos anos 70. O Tratado de Lisboa prevé a transformación desta peculiar estrutura intergobernamental, nunha das que serán sete Institucións constitucionais; a saber, nesta orde: Parlamento Europeo, Consello Europeo, Consello, Comisión Europea, Tribunal de Xustiza da Unión Europea, Tribunal de Contas e Banco Central Europeo.

Demais órganos e organismos da Unión

[editar | editar a fonte]

Os órganos son asimilables a institucións de menor rango (aínda que non gozan dese estatuto), e, se as súas funcións son concretas, o ámbito sobre o que poden despregala é transversal ou, no seu caso, aplícanse sobre campos máis específicos pero con amplas competencias que van moito máis alá da xestión. Gozan de independencia no exercicio das súas funcións.

Os organismos son estruturas subsidiarias doutras institucións pero con autonomía funcional, xeralmente versada en ámbitos especializados de xestión vicaria.

Órganos de garantías

[editar | editar a fonte]
  • Defensor do Pobo Europeo: Defende aos cidadáns e empresas da UE fronte á mala xestión ou trato indebido ou discriminatorio das Institucións, Órganos e organismos da Unión, así como das administracións nacionais cando infrinxan en prexuízo dos cidadáns ou empresas obrigacións ou achanden dereitos que lles correspondan en virtude do Dereito Comunitario.

Órganos consultivos

[editar | editar a fonte]

Os órganos consultivos poden intervir de forma consultiva na toma de decisións, aínda que non teñen ningún poder lexislativo.

Órganos financeiros

[editar | editar a fonte]
  • Banco Central Europeo (BCE): É responsable da política monetaria europea. É o banco central da moeda única europea, o Euro (?). Ademais do control sobre a emisión monetaria e os seus requisitos, dispón a política cambiaria e as oscilacións dos tipos de xuro, entre outras competencias monetarias, cuxo obxectivo imperativo é preservar a estabilidade de prezos, controlando a inflación. Debe ademais exercer as súas funcións con absoluta independencia. De cumprirse as previsións do Tratado de Lisboa, accederá ao rango constitucional de Institución.
  • Banco Europeo de Investimentos (BEI): Ten por misión contribuír ao desenvolvemento equilibrado do territorio comunitario a través da integración económica e a cohesión social.

Organismos interinstitucionais

[editar | editar a fonte]