Defensor do Pobo Europeo
Aparencia
Defensor do Pobo Europeo | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Tipo | Valedor do Pobo e cargo público ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1995 ![]() | ||
Localización | |||
Sede | Estrasburgo ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | ombudsman.europa.eu ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
O Defensor do Pobo Europeo (en inglés: European Ombudsman) é un defensor do pobo que está habilitado para recibir dos cidadáns da Unión Europea, ou das persoas físicas e xurídicas, toda queixa relativa ao mal funcionamento das institucións ou organismos comunitarios, coa excepción do Tribunal de Xustiza ou do Tribunal de Primeira Instancia.
Historia
[editar | editar a fonte]Esta figura regulamentouse coa firma do Tratado de Maastricht en 1992 por parte de todos os Estados membros da Unión Europea, que estableceu que a súa sede estivera radicada na cidade francesa de Estrasburgo.
O defensor é nomeado polo Parlamento Europeo despois de cada elección europea, e ten un mandato renovable de cinco anos correspondentes á duración de cada lexislatura.
Lista de Defensores do Pobo Europeo
[editar | editar a fonte]1995–2003 | Jacob Söderman | ![]() |
2003–2013 | Nikiforos Diamandouros | ![]() |
2013–actualidade | Emily O'Reilly | ![]() |