Inocente Domínguez Gaona
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de decembro de 1945 (78 anos) Departamento Central, Paraguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Paraguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Inocente Domínguez Gaona, coñecido como Gaona, nado en Capiatá (Departamento Central) o 24 de decembro de 1945, é un exfutbolista paraguaio. Xogaba de defensa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Chegou a España dende o Libertad de Asunción en 1968.[1] Na tempada 1968–69 debutou en Primeira División co Deportivo da Coruña, da man de Cheché Martín. O seu debut produciuse na primeira xornada, nunha derrota a domicilio fronte o CD Málaga (3–1). Esa campaña xogou 8 encontros máis, sen coñecer en ningún a vitoria.
Na tempada seguinte foi cedido ao Nàstic de Tarragona, da Terceira División, regresando a continuación á Coruña. Permaneceu na disciplina branquiazul durante dúas tempadas máis, pero sen xogar ningún encontro oficial. Co club coruñés sufriu un descenso a Segunda División na campaña 1969–70, con ascenso a Primeira na seguinte tempada.
En 1972 fichou polo Racing de Ferrol, co que xogou nas temporadas 1972/73 e 1973/74 en Terceira División, e nos seguintes anos pasou polo Lemos e o Arousa, da mesma categoría.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Caso na Coruña con Marisol Carrera Mera, coa que tivo un fillo, Marco Antonio.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Le pusieron Inocente porque nació el 28 de diciembre". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de outubro de 1968. p. 15.
- ↑ "Marisol Carrera Mera". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de outubro de 1996. p. 89.