Innokentii Smoktunovskii

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Innokentii Smoktunovskii
Иннокентий Смоктуновский в 1943 году.jpeg
Nome completoИннокентий Михайлович Смоктунович
Nacemento28 de marzo de 1925 e 18 de marzo de 1925
LugarTatyanovka
Falecemento3 de agosto de 1994
LugarMoscova e Kubinka
Soterradocemiterio Novodevichii
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
Educado enPushkin Drama Theatre
Profesiónactor, actor de teatro e actor de cinema
Na rede
IMDB: nm0810550 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Innokenty Mikhaylovich Smoktunovsky (en ruso: Иннокентий Михайлович Смоктуновский) nado co apelido Smoktunovich en Tatyanovska o 28 de marzo de 1925 e finado en Moscova o 3 de agosto de 1994, foi un actor soviético, aclamado como o "rei dos actores soviéticos". Foi nomeado Artista do Pobo da URSS en 1974 e Heroe do Traballo Socialista en 1990.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Smoktunovskii (esquerda) co seu irmán Vladimir e a súa tía en 1930

Smoktunovskii naceu nunha vila de Siberia nunha familia de campesiños de orixe belarusa.[1] Rumoreouse que proviña dunha familia polaca, mesmo nobre,[2] mais o propio actor desaprobou esas teoría afirmando que a súa familia era belarusa e non nobre.[1] Serviu no exército soviético durante a segunda guerra mundial. En 1946, uniuse a unha compañía de teatro en Krasnoyarsk, e despois marchou a Moscova. En 1957, foi convidado por Georgy Tovstonogov para unirse ao teatro Bolshoi de Leningrado, onde abraiou o público coa súa dramática interpretación do príncipe en O idiota, de Dostoyevski. Un dos seus mellores papeis foi o protagonista de Tsar Fyodor Ioannovich de Aleksey Konstantinovich Tolstoy (Teatro Maly, 1973).

Carreira[editar | editar a fonte]

Smoktunovskii como Hamlet con Anastasiya Vertinskaya nun selo soviético de 1966

A súa carreira no cinema foi lanzada polo filme de Mikhail Romm Девять дней одного года (1962). En 1964, foi escollido para o papel de Hamlet na versión cinematográfica de Grigori Kozintsev da obra de Shakespeare, que recibiu eloxios de Laurence Olivier ademais do premio Lenin. Moitos críticos ingleses mesmo consideran o Hamlet de Smoktunovskii por riba do de Olivier, nun momento no que o de Olivier se consideraba o definitivo. Smoktunovskii creou un retrato integral heroico, que mesturaba o que anteriormente parecía incompatible, a simplicidade masculina e a aristocracia exquisita, bondade e sarcasmo cáustico, unha mentalidade burlona e o autosacrificio.

Smoktunovskii fíxose máis célebre para o gran público como Yuri Detochkin na sátira de detectives de Eldar Ryazanov Beregis Avtomobilya (1966), que revelou os importantes dotes cómicos do actor. Máis adiante, interpretou a Petr Ilich Chaikovskii no filme Chaikovskii (1969), a Dyadya Vanya na versión de Andrei Konchalovsky da obra de 1970, o narrador de Zerkalo de Andrei Tarkovsky, o home vello en On Thursday and Never Again (1977), de Anatoly Efros e a Salieri na miniserie Маленькие трагедии (1979) de Mikhail Schweitzer baseada nas obras de Aleksandr Pushkin.

En 1990, Smoktunovskii gañou o premio Nika na categoría de mellor actor. Faleceu o mércores 3 de agosto de 1994 nun sanatorio, aos 69 anos.[3]

Epónimos[editar | editar a fonte]

O planetoide 4926 Smoktunovskij foi bautizado na súa honra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Dubrovsky, V. Ya. (2002) Иннокентий Смоктуновский. Жизнь и роли. B. M. Poyurovsky (ed.), Moscow: Iskusstvo. ISBN 5-210-01434-7.
  2. Герой Социалистического Труда Смоктуновский Иннокентий Михайлович :: Герои страны. Warheroes.ru. Consultado o 10 de maio de 2016.
  3. "I. Smoktunovsky, Russian Actor, 69". The New York Times. 4 de agosto de 1994. ISSN 0362-4331. Consultado o 1 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]