In flagranti delicto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

In flagranti delicto[1] é unha locución latina propia da linguaxe xurídica que significa "no momento de cometer un delito". Indícase con esta expresión que se sorprendeu a alguén no momento de cometer un acto que debe ser castigado, unha acción punible. Tamén se emprega a tradución directa "en flagrante (delito)"[2]. Hai na lingua galega varias expresións populares equivalentes á locución latina, como "coller a un nas patacas", "coller a un coas mans no allo" ou "pillar a un na figueira". A locución in fraganti co mesmo significado vén recollida nalgúns dicionarios [3] pero é unha forma propia do castelán[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. López Díaz, Xosé "delito"Dicionario galego-latino CRPIH 2010, p. 338
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para flagrante.
  3. Non no DRAG pero si p. ex. no DIGALEGO
  4. Díez Losada, Fernando (2004) La tribuna del idioma Editorial Tecnológica de Costa Rica, p. 300