Conversa:In flagranti delicto

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Segundo o Dicionario Xerais de usos, frases e sinónimos (1990), podería valer in fraganti. Tamén así no Gran Xerais de 2009, pero como in flagranti (con L) como opción de preferencia. E ademais coa posibilidade de mencionalo como in flagranti ou como in flagranti delicto. Eu optaría por que o título fose este último, con redireccións dende as outras dúas formas e explicando que se empregan indistintamente para expresar o mesmo. O artigo, tal como está agora, non ten moito sentido, pero si é certo que cun arranxo e algunhas referencias a esas outras locución patrimonais galegas xa daría moito máis xogo. --Atobar (conversa comigo) 00:13, 4 de marzo de 2011 (UTC)

  • Esta explicación ben vale tamén para o caso de adaptación galego dende o latín [1] --Atobar (conversa comigo) 00:21, 4 de marzo de 2011 (UTC)
A forma "in fraganti" é un calco do castelán, etimoloxicamente errada (no propio RAE: Del lat. in flagranti) e que recollen algúns dicionarios galegos, o digalego p. ex e os que se citan antes. No DRAG non aparece, figura a expresión "en flagrante" na voz flagrante. Haina que considerar válida dende o momento que a recollen algúns dicionarios pero que sentido ten utilizar unha expresión latina que non é tal e que a súa modificación non responde ao propio galego.--HacheDous=0 (conversa) 24 de agosto de 2018 ás 22:00 (UTC)[responder]
Levas razón. Habida conta de que está recollido nalgúns dicionarios, creo que o acaído, unha vez que existe a entrada, sería mantela e aproveitar para explicar en galego, DRAG mediante, se trata duna locución latina ben inserida e adaptada como en flagrante e en flagrante delito. Se te animas a tocarlle ti ao artigo, adiante, HacheDous=0. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 25 de agosto de 2018 ás 08:52 (UTC)[responder]
Con referencias modifiquei un tanto a redacción. Atobar non sei se tiñas en mente outra cousa ou se pensas que así pode estar ben?--HacheDous=0 (conversa) 25 de agosto de 2018 ás 12:03 (UTC)[responder]
Arranxado. Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 25 de agosto de 2018 ás 13:46 (UTC)[responder]