Illas dispersas do Océano Índico
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Territorio dependente | Terras Austrais e Antárticas Francesas | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 0 (0 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 38,6 km² | ||||
Bañado por | Océano Índico | ||||
Creación | 2007 | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | taaf.fr… |
As Illas Dispersas do Océano Índico son unhas illas coralinas baixo a soberanía francesa situadas no océano Índico:
- 1 : Atol Bassas da India
- 2 : Illa Europa
- 3 : Illas Gloriosas
- 4 : Illa Juan de Nova
- 5 : Illa Tromelin
(KM : Comores, MG : Madagascar, MU : Mauricio, MZ : Mozambique, RE : Reunión, YT : Mayotte)
Xeografía
[editar | editar a fonte]Estas illas permanecen normalmente deshabitadas logo de que se automatizasen as instalacións meteorolóxicas; a excepción é a Tromelin, onde adicionalmente existe unha guarnición militar francesa de aproximadamente quince soldados, cuxa misión é reforzar a soberanía francesa da rexión.
As illas son consideradas reservas naturais.
Na canle de Mozambique, habitadas
[editar | editar a fonte]Ao sur da canle:
- Bassas da India: un atol en formación.
- Europa: 28 km² a 330 km ao nordés de Tuléar e 500 km da costa africana.
Na parte máis estreita da canle, aproximadamente a un terzo do camiño entre Madagascar e Mozambique :
- Juan de Novoa: 4,4 km², 600 km ao suroeste de Mayotte e a 280 km das costas africanas (Mozambique).
Ao nordés do arquipélago das Comores e de Mayotte :
- Illas Gloriosas: 5 km² en dous pequenos illotes, Roches Vertes e Île du Lys. A zona económica exclusiva das Gloriosas, situada ao norte de Madagascar, representa unha superficie de 48,350 km².
Ao norte de Reunión
[editar | editar a fonte]- Tromelin: 1 km² habitada por 19 meteorólogos.
Historia
[editar | editar a fonte]As Illas Dispersas foron administradas polo prefecto de Reunión ata o 3 de xaneiro de 2005. Logo de devandita data, son responsabilidade do prefecto que exerce de administrador xeral dos Territorios Austrais Franceses.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pierre Couesnon, « Les îles éparses. Un étrange rattachement aux TAAF », artigo ilustrado aparecido en Timbres magazine n°61, outubro de 2005, páxinas 73-76. O artigo describe a situación administrativa e a historia postal das illas.