Pobo moriori
Pobo moriori | |
---|---|
Moriori no século XIX. | |
Poboación | |
Poboación total: c 700 | |
Rexións principais: | |
Illas Chatham | 36 (censo de 2013)[1] |
Illa Norte | 354 (censo de 2013)[1] |
Illa Sur | 348 (censo de 2013)[1] |
Australia | Descoñecida[2] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Moriori, inglés e maorí |
Relixión | cristianismo, incluíndo Rātana[1] |
Grupos relacionados | Maorís, outros pobos da Polinesia, Austranesios |
Os moriori[3] son un pobo indíxena das illas Chatham (Rēkohu en lingua moriori, Wharekauri en lingua maorí), un arquipélago ó leste de Nova Zelandia, no océano Pacífico. Son un pobo que vive segundo un código de non violencia e resistencia pasiva (véxase Nunuku-whenua), o cal fixo que os invasores maorís taranaki case os exterminaran na década de 1830.
Durante comezos do século XX, críase erroneamente que os moriori eran os habitantes pre-maorís de Nova Zelandia, lingüística e xeneticamente diferentes dos maorís, e posiblemente melanesios. Esta teoría, incorporada na hipótese de Percy Smith "Great Fleet", foi amplamente aceptada durante comezos do século XX. Porén, a hipótese non foi sempre aceptada.[4]
A finais do século XX, a hipótese de que os moriori eran diferentes dos maorís foi desbotada polos arqueólogos, que consideraron que os moriori foron colonos maorís nas illas Chatham que chegaron no século XVI. A primeira hipótese foi desacreditada entre a década de 1960 e a de 1970.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Statistics New Zealand (ed.). "Moriori Population and Geography". stats.govt.nz. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016.
- ↑ Berry, Ruth. "Moriori homecoming celebrates code of non-violence". nzherald.co.nz. APN News & Media. Consultado o 5 de marzo de 2016.
- ↑ Definición de moriori no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ See 1904 paper by A. Shand on The Early History of the Morioris
- ↑ Campbell, Matthew (2008). Islands of Inquiry: Colonisation, seafaring and the archaeology of maritime landscapes 29. Canberra: ANU E Press, Australian National University. ISBN 978-1-921313-90-5. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 01 de maio de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo moriori |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dave Kopel, Paul Gallant & Joanne D. Eisen (2003). 'A Moriori Lesson: a brief history of pacifism'. National Review Online, 11 de abril de 2003.