Illa do Príncipe de Gales, Canadá
Illa do Príncipe de Gales | |
---|---|
![]() Localización da illa | |
![]() | |
Situación | |
País | ![]() |
Arquipélago | Illas Árticas do Canadá |
Mar | Océano Ártico |
Coordenadas | 72°36′01″N 98°32′08″O / 72.60028, -98.53556 |
Xeografía | |
Superficie | 33.339 km² |
Punto máis alto | 320 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A Illa do Príncipe de Gales[1] é unha illa Ártica en Nunavut, Canadá, entre a Illa Victoria e Illa Somerset e ó sur das Illas da Raíña Isabel. É unha das máis grandes das Illas Árticas do Canadá.
A efectos administrativos, divídese entre as rexións Qikiqtaaluk e Kitikmeot. Non hai establecementos habitados permanentes.
Xeografía[editar | editar a fonte]
É unha illa baixa cuberta de tundra cunha irregular liña costeira. Os accidentes xeográficos principais son a baía Ommanney no oeste e a baía de Browne no leste. A baía de Ommanney noméase así polo Almirante Sir Erasmus Ommanney da mariña de guerra real que explorou a área como parte da procura para a expedición de Franklin. A súa superficie estimouse en 33.339 km². A illa do príncipe de Gales é a 40º na lista de illas máis grandes do mundo por superficie e a 10ª na lista de illas canadenses por superficie. O seu punto máis alto coñecido, se atopa a 424 metros de altura é un lugar sen nome en 73°48′26″N 97°50′14″O / 73.80722, -97.83722}} no extremo nordeste da illa,[2] con vistas á Canle Baring, que a separa da illa Russell (Nunavut).
Historia[editar | editar a fonte]
Foi descoberta en 1851 por Francis Leopold McClintock durante a darradeira expedición de John Franklin. A illa foi nomeada así en honor o herdeiro da coroa británica, o futuro rei Eduardo VII.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Por exemplo en "Putin aposta forte polo Ártico". Galicia Hoxe. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 13 de marzo de 2015.
- ↑ Peakbagger
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa do Príncipe de Gales, Canadá ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Prince of Wales Island in the Atlas of Canada - Toporama; Natural Resources Canada