Illa dels Conills
Aparencia
| Tipo | illa | |||
|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Gimnesias e Arquipélago de Cabrera | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Palma, España | |||
| ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
| Características | ||||
| Altitude | 123 m | |||
| Dimensións | 1,1 ( | |||
| Superficie | 1,375 km² | |||
| Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
A illa dels Conills (Illa dos Coellos en galego), tamén coñecida como Conillera, é a segunda illa máis grande do arquipélago de Cabrera, nas Illas Baleares, cunha superficie de 1,37 km².[1]
Esta illa podería ser a chamada Parva Hannibalis ("a pequena de Haníbal") por Plinio o Vello, que por unha mala interpretación podería haberse convertido en Patria Hannibalis ("a patria de Haníbal"), dando lugar á lenda do nacemento de Haníbal nela. En realidade, as indicacións de Plinio son tan imprecisas que esa illa podería referirse a calquera das illas do arquipélago de Cabrera, aos illotes da baía de Palma ou outros da costa mallorquina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arqueobalear.net" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2018. Consultado o 2017-12-30.
