Illa de Mar
Aparencia
Coordenadas: 35°13′03″N 3°54′02″O / 35.21750, -3.90056
Mar | |
---|---|
Territorios de soberanía española no norte de África. | |
As illas de Tierra (dereita) e Mar (esquerda), co Peñón de Alhucemas ao fondo. | |
Situación | |
País | España |
Arquipélago | Illas Alhucemas |
Mar | Mediterráneo |
Coordenadas | 35°13′03″N 3°54′02″O / 35.21750, -3.90056 |
Xeografía | |
Superficie | 0,014 km² |
Punto máis alto | 4 m |
Distancia a terra | 50 m (da costa de África) |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
A illa de Mar é un illote que forma, xunto coa illa de Tierra e o Peñón de Alhucemas, o arquipélago das illas Alhucemas, unha das tradicionais prazas de soberanía españolas no norte de África.
Está situada a 50 metros da praia marroquí de Sfiha e ascende ata uns 4 m sobre o nivel do mar. Está deshabitada e noutros tempos foi utilizada como cemiterio. Desde o incidente da illa Perejil en 2002, foi cercada de arame.