Illas Alhucemas
Illas Alhucemas | |
---|---|
Localización | |
![]() | |
Datos | |
País | ![]() |
Continente | África |
Mar | Mar Mediterráneo |
Golfo | Mar de Alborán |
Coordenadas | 35°12′54″N 3°53′47″O / 35.21500, -3.89639Coordenadas: 35°12′54″N 3°53′47″O / 35.21500, -3.89639 |
Xeografía | |
Superficie | 0,046 km² |
Maior Altura | 27 m. |
Distancia á terra | 300 m. (Illa de Tierra) |
Número de illas | 3, máis 1 illote |
Illas | Illa de Tierra (0,017 km²) Peñón de Alhucemas (0,012 km²) Illa de Mar (0,014 km²) La Pulpera (illote) |
Demografía | |
Poboación | Non permanente (gornición militar) |
Data de dependencia | de España 28 de agosto de 1673 |
As Illas Alhucemas constitúen un conxunto de tres illotes situados na baía da Hoseima, enfronte da costa mediterránea de Marrocos, que son de soberanía española. Trátase do Peñón de Alhucemas e dos illotes de Tierra e Mar, situadas a uns 155 km ao leste de Ceuta e a uns 100 km ao oeste de Melilla. As illiñas de Mar e Tierra áchanse ao suroeste do Peñón e a unha distancia de 800 e 900 metros, respectivamente. A superficie total das illas é duns 0,04 km².
Xeografía[editar | editar a fonte]
As tres illas son dun tamaño parello; o penedo tampouco chega ás 2 hectáreas. A maior altura do conxunto dáse no Peñón cunha cota de 27 metros sobre o nivel do mar. A illa de Mar non supera os 4 metros de altura mentres que a illa de Tierra chega só ata os 11 metros. As illas foron ocupadas temporalmente por España en 1560, sen consolidar un dominio nelas. Foron ocupadas definitivamente o 28 de agosto de 1673 por unha escuadra dirixida polo príncipe de Montesacro co fin de actuar contra os corsarios berberiscos.
Mar e Tierra están completamente deshabitadas (Mar foi o cemiterio do Peñón ), mentres que o Peñón está ocupado por forzas militares pertencentes ao Corpo de Regulares de Melilla do exército de terra español.
Historia[editar | editar a fonte]
As illas pertencen á coroa española desde 1560, cando o sultán Muley Abdalá cedeullas a Filipe II a cambio da protección das invasións otomás. Foron ocupadas definitivamente o 28 de agosto de 1673, durante o reinando de Carlos II, por unha escuadra dirixida polo xeneral de Armada Andrés Dávalos, conde de Montesacro que a bautizou "San Agustín e San Carlos de Alhucemas" na honra aos barcos que o transportaron co fin de actuar contra os corsarios berberiscos. Desde entón sempre existiu unha guarnición española na illa.
As illas Alhucemas chegaron a ter unha poboación de 350 habitantes que exercían o comercio coa próxima cábila de Beni Urriaguel. Máis tarde converteuse nun penal de presos comúns, políticos e desterrados. En 1838 sufriu unha sublevación dos presos políticos.
En 1902, Francia recoñeceu a soberanía española do Peñón. En 1921 sufriu un ataque por parte dos homes de Abd el-Krim durante a Guerra do Rif. En 1922, as baterías cabileñas afundiron o vapor Juan de Juanes, que exercía as funcións de correo con Melilla. Está situado, aínda hoxe, a uns 150 m ao norte da illa. En 1925 participou no desembarco de Alhucemas como posición avanzada de combate, xa que tiña 24 pezas de artillería con obuses de 155 e canóns de 7,5 a fin de apoiar a operación, con independencia da artillería móbil das unidades de desembarco.
En 1957, as illas de Mar e Tierra foron cedidas por Marrocos a España.
No ano 2002, durante o incidente da illa Perejil, as illas de Mar e Tierra foron ocupadas por lexionarios españois[1], os cales instalaron algunhas tendas de campaña, co fin de evitar o acceso á zona por parte dos bañistas dunha praia próxima. O suceso provocou críticas por parte do alcalde de Al-Hoceima.
En 2012, 83 inmigrantes ocuparon a illa de Tierra pero os militares e a policía española desaloxáronos aos poucos días.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "España mantén tropas nas illas Mar e Tierra de Alhucemas". El Mundo (en español). Consultado o 2002.
- ↑ Desaloxados os 83 inmigrantes da Illa de Tierra (ABC)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illas Alhucemas ![]() |