Illa Unalaska
Unalaska | |
---|---|
![]() | |
Situación | |
País | ![]() |
Estado | ![]() |
Arquipélago | Illas Fox nas illas Aleutianas |
Mar | Mar de Bering, Océano Pacífico |
Coordenadas | 53°54′00″N 166°32′00″O / 53.90000, -166.53333Coordenadas: 53°54′00″N 166°32′00″O / 53.90000, -166.53333 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 2.720 km² |
Longura máxima | 128 km. |
Largura máxima | 56 km. |
Punto máis alto | 1.800´1 m. Monte Makushin |
Demografía | |
Capital | Unalaska (710 hab.) |
Poboación | 1.759 (2000) |
Densidade | 0´65 hab./km² |
A illa Unalaska é unha illa no grupo das Illas Fox nas Illas Aleutianas no estado de Alasca. A illa ten unha superficie de 2.720 km². Mide 127´8 de longo e 55´9 km de largo. A cidade de Unalaska, cobre parte da illa e de toda a veciña illa Amaknak onde se localiza o porto de Dutch Harbor. A poboación da illa excluíndo Amaknak a partir do censo dos Estados Unidos (censo 2000) era 1.759 residentes.
Unalaska é a segunda illa máis grande no grupo das Illas Fox e as Illas Aleutianas. O litoral de Unalaska é notablemente diferente en aparencia que outras illas Aleutianas importantes, con innumerables entradas e penínsulas. A costa irregular rómpese por tres profundas e longas baías, Beaver Inlet, Unalaska Bay, e Makushin Bay, así como por numerosas baías e calas máis pequenas. O terreo de Unalaska é accidentado e está cuberto de montañas, e durante a maior parte do ano as elevacións máis altas están cubertas de neve.[1]
Unalaska é o nome de aleutiano para a illa. Existen varias teorías sobre a súa orixe; O máis probable é que o nome provén dunha corrupción da palabra rusa "Ounalashka" da palabra aleutiana para 'cerca do continente, nawan Alaskax.
Historia[editar | editar a fonte]
A illa foi descuberta por Vitus Bering en 1741. Un asentamento ruso xurdiu en 1759, pero catro anos despois foi destruído polos aleutianos, xunto con catro buques mercantes. O masacre cobrou a vida de 162 colonos rusos. Os superviventes lograron manterse por si mesmos ata 1764, cando foron rescatados polos rusos. Este evento desencadeou represalias sanguentas contra os nativos que custaron a vida duns 5.000 aleutianos.
A expedición de 1788 de Esteban José Martínez e Gonzalo López de Haro exploraron a costa de Alasca ata a illa de Unalaska, marcando o oeste máis afastado que os españois xamais exploraron na rexión.[2]
Tamén en 1788, o explorador inglés James Cook visitou a illa, e o deletreou Oonalashka no seu diario.[3]
En Moscova, o 31 de maio de 1988, o Presidente Ronald Reagan, mencionou o encontro dos estadounidenses e os rusos nesta illa no século XIX como un exemplo da temperá amizade entre os Estados Unidos e Rusia.
O 8 de decembro de 2004, o buque de carga malaio Selendang Ayu embarrancou na illa de Unalaska, provocando un gran derramamento de petróleo.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
A cidade de Unalaska, Alasca
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "US Coast Pilot 9, Chapter 7, Aleutian Islands" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de maio de 2010. Consultado o 09 de agosto de 2017.
- ↑ Hayes, Derek (1999). Historical Atlas of the Pacific Northwest: Maps of exploration and Discovery. Sasquatch Books. pp. 67. ISBN 1-57061-215-3.
- ↑ Encyclopædia Britannica Third Edition, 1797 Volume 13 article Oonalashka, and Volume 5 article Cook, James.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Unalaska ![]() |