Illa Selayar
Selayar | |
---|---|
Pulau Selayar | |
Localización da illa | |
![]() Mapa da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | Célebes Meridional |
Arquipélago | Illas maiores da Sonda |
Mar | Mar de Flores, Océano Índico |
Coordenadas | 6°05′54″S 120°29′52″L / -6.09833, -120.49778Coordenadas: 6°05′54″S 120°29′52″L / -6.09833, -120.49778 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 666,2 km² |
Longura máxima | 81,4 km |
Largura máxima | 13,1 km |
Punto máis alto | 607 m |
Demografía | |
Capital | Benteng |
Poboación | 57.000 hab. |
A illa de Selayar é a illa principal das illas Selayar (Kepulauan Selayar). Atópase fronte á costa do cabo Bira da provincia de Célebes Meridional. O estreito de Selayar sepáraa de Sulawesi. A súa cidade principal é Benteng, as cidades ao sur son Tanabau, Padang, Tile-tile, Pariangan, Galung, Layolo, Pa'garangang, Barangbarang, ata Appattanah. Ao norte están Parak, Barugayya, Batangmata, Onto e finalmente Bonelohe. Ten máis de 81 km de longo e é moi estreita, cunha superficie de 666 km². Benteng é o punto de partida para as excursións de mergullo.
Todas as illas do grupo son planas e fértiles, pero tamén en parte rochosas, cubertas con arbustos e area. Só a illa principal está atravesada por unha montaña de arenito, que se eleva a 607 m de altitude. As costas están bordeadas por arrecifes de coral. A illa é coñecida polas súas praias de area e zonas de mergullo.
Os habitantes son na súa maioría musulmáns dos pobos da Bugis, Makassar e Konjo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Selayar ![]() |