Illa Adelaide
(en) Adelaide Island | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Adelaide de Saxe-Meiningen | ||||
Descubridor ou inventor | John Biscoe (en) | ||||
Parte de | Adelaide-Biscoe Islands (en) | ||||
Localización | |||||
Continente | Antártida | ||||
División administrativa | Zona do Tratado sobre a Antártida (pt) | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Antártico | ||||
Características | |||||
Altitude | 2.315 m | ||||
Tamaño | 33 () × 135 () km | ||||
Punto máis alto | Mount Gaudry (en) (2.315 m ) | ||||
Superficie | 4.463 km² | ||||
A Illa Adelaida, denominada illa Belgrano de xeito oficial pola Arxentina. É unha illa da Antártida, de considerable tamaño, uns 135 km de longo por 32 km de ancho, 4.463 km², e situada no Océano Glacial Antártico, ao oeste da Península Antártica e moi próxima a ela, especificamente fronte á Península Arrowsmith, case inmediatamente ao sur do círculo polar antártico e ao norte da Baía Margarita.
Alcanza unha altitude máxima de 2.317 m, e ten unha liña de costa de 369 km. Está case completamente cuberta de xeo permanente.
A República Arxentina inclúe a esta illa no Departamento Antártida Arxentina dentro da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur, para Chile forma parte do Territorio Chileno Antártico e para o Reino Unido do Territorio Antártico Británico, pero estas reclamacións están suspendidas en virtude do Tratado Antártico.
Foi descuberta en 1832 por unha expedición británica ao mando de John Biscoe, e bautizada por el en honra á raíña Adelaide do Reino Unido.[1] O primeiro recoñecemento da illa efectuouno a expedición antártica francesa de 1908-1910 ao mando de Jean-Baptiste Charcot.
Nas costas desta illa sitúanse actualmente as bases Rothera do Reino Unido, e as bases chilenas Guesalaga e Carvajal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Extract from the 'Tasmanian' of Hobart, dated 11th October 1833. "Interesting to the World at Large". The Sydney Monitor, 2 de novembro de 1833. Consultado o 26 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Adelaide |