Círculo polar antártico
Aparencia
Coord.: 66°34′S 0°00′L / -66.57, 0
Tipo | Círculo polar rexión xeográfica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
Continente | Antártida | ||||
División administrativa | Zona do Tratado sobre a Antártida (pt) | ||||
| |||||
O círculo polar antártico é a liña imaxinaria correspondente ao paralelo de 66° 33' latitude sur.
Pasa polas partes máis ao norte da Antártida. Ao sur desta liña, durante o inverno hai polo menos un día de noite absoluta (24 horas de escuridade), e durante o verán hai polo menos un día de luz absoluta (24 horas de sol). Con todo, o tempo do día e da noite poden variar conforme a época e tamén conforme a latitude. O punto 90° Sur, onde se localiza a estación Amundsen-Scott, enfronta dúas situacións ben distintas durante o ano. Entre o equinoccio de primavera e o equinoccio de outono a estación é iluminada polo Sol todo o tempo. Xa entre o equinoccio de outono e o equinoccio de primavera, permanece soamente a longa noite de seis meses.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Círculo polar antártico |