Ignacio Silva
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1978 (45/46 anos) Carballo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua galega |
Xosé Ignacio Silva Regueira, nado en Carballo en 1978, é un avogado e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Dereito pola Universidade da Coruña. Ten recibido numerosos premios polo seu labor narrativo. En 2011 publicou o seu primeiro libro, Cara B (Xerais), unha obra que recolle tres novelas curtas, ou relatos longos, premiados nos certames literarios da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Soutomaior: "Cela Aberta", "Vertixes" e "Escintileos".
Obras[editar | editar a fonte]
Narrativa[editar | editar a fonte]
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Gzcrea 2006: Certame Galego de Creadores Novos: relatos, 2007, Laiovento/Xunta de Galicia.
- Catro esquinas e cinco contos máis, 2008, Concello de Ourense/Agrupación de Libreiros de Ourense.
- Follas de Carballo, 2011, Asociación Cultural Lumieira.
- Contos da taberna, 2014, Edicións Embora.
Premios[editar | editar a fonte]
- Premio GZCrea de relato no 2006, por Alén dos sentidos.
- Premio Ourense de Contos para a Mocidade no 2008, por Catro esquinas.
- Gañador do Certame Literario Valle-Inclán no 2008, por Cela aberta.
- Segundo premio do Certame de Relatos Curtos Os Viadutos no 2008, por Tic-Tac.
- Gañador do II Premio de Novela Curta Cidade Centenaria do Concello de Ribeira no 2009, por Vertixes.
- Gañador do II Premio de Micronovela do Concello de Soutomaior no 2009, por Escintileos.
- Gañador do Certame Manuel Murguía de narracións breves en 2022, por O rubor da dignidade,
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Escribir non é gañar premios. Entrevista en La Voz de Galicia.